Fai 2 meses desta foto, onde @BasketXiria lle entregou a Xose Maria Aran Rodriguez un agasallo que recolleu en nome da Asociacion Vieiro , como merito á vosa “gran labor”.
Dende #BasketXiria agradecemos e queremos por en valor o gran traballo da Asociacion Vieiro e recoñecer a súa importante labor na nosa contorna... por eso adicamoslle o partido de hoxe de #LigaEBA e aproveitando, mellor facelo cunha VICTORIA❗️
O pasado sábado o seu vicepresidente Xose Maria Aran Rodriguez, sorprendeunos otorgando á #EscolaBasketXiria, a insignia de prata da súa entidade en recoñecemento pola nosa labor e transmisións de valores ós rapaces e rapazas, as súas familias e a masa social en xeral.
Este sábado 25 de xaneiro, no descando do partido de LIGA EBA contra o Universidad de Valladolid, a Escola Basket Xiria fará un recoñecemento público e dará maior visibiliade á importante labor que a Asociación Vieiro realiza na nosa comunidade. Acudirá na súa representación Xosé María Arán Rodriguez. Vicepresidente da entidade.
Vieiro leva varios anos colaborando coa ESCOLA BASKET XIRIA impartindo charlas informativas de concienciación, sensibilización e prevención e relacionadas coa detección do consumo de sustancias aditivas e de risco relacionadas coas novas tecnoloxías. Todas elas destinadas a xogadores/as, pais e nais, adestradores/as e directivos/as. Moitas gracias Vieiro!
Os obxectivos da Asociación Vieiro son a defensa e protección da persoa e da comunidade contra o consumo, promoción e uso de drogas tóxicas, estupefacientes e similares. Vieiro pon a disposición das familias e os mozos e mozas un instrumento de formación da información para que poidan resolver problemas relacionados con calquera tipo de dependencia.
O traballo de Vieiro baséase fundamentalmente na PREVENCIÓN que abrangue todos os seus ámbitos: familia, escola, comunidade, xuventude en risco e idade laboral.
Tamén dispón dun programa que é ASISTENCIA XURÍDICA ao toxicómano/a e á familia que a Xunta de Galicia nos asignou para atender entre as poboacións de LARACHA A FINISTERRE
A asociación Vieiro está “declarada de interese por asuntos de drogodependencia” pola Xunta de Galicia. Colabora durante anos co Plan Galicia sobre Drogas e co Concello de Carballo do que é prestador de servizos en prevención de drogas.
Tamén colabora coa Fiscalía e o Xulgado de Menores da Coruña para aplicar o programa creado para a finalidade de “Habilidades para menores con problemas xudiciais.
«Voume coa tranquilidade de que hai un relevo con garantías e nunha situación óptima da entidade»
José M. Ferreiro 20 de marzo de 2016. Actualizado a las 05:00 h.
Despois de dez anos na presidencia da Escola Basket Xiria, Diego Vázquez Reino deixará o cargo ao rematar a tempada. Durante este tempo de alegrías e sinsabores, queda por riba de todo un traballo e un labor no que colaboraron moitas persoas para facer moi forte e sólida a familia do baloncesto en Carballo e na bisbarra.
-¿Por que non segue?
-Creo que é o momento de deixalo, porque se pode acometer o relevo, pola situación actual do club, tanto económica coma deportiva, e xa que hai un relevo natural e de ideas. Teño novas responsabilidades profesionais e necesito dedicarlle máis tempo do que lle estaba a dedicar.
-¿É duro tomar esta decisión?
-No foi doado, pero son da idea de que unha persoa non debe perpetuarse nun posto, as institucións deben manterse á marxe das persoas. Non é unha marcha, senón que estarei vinculado á entidade como o fixen sempre desde que fun xogador, hai 29 anos.
-¿Representa moito o baloncesto na súa vía?
-O baloncesto foi e será a miña vida, e Xiria é como o meu fogar. Sempre pensei que o meu relevo debería producirse nunha situación óptima da entidade, a todos os niveis. E neste intre é o momento. O baloncesto deumo todo. Os meus mellores amigos, unha representatividade social, e, sobre todo, contribúe á miña realización persoal. Os valores do deporte, do baloncesto en particular, como o esforzo, o traballo en equipo e o compañeirismo son o mellor patrimonio dunha persoa.
-¿Que recordos garda?
-O mellor recordo son todas as persoas que forman e formaron esta gran familia. Unha data inborrable na miña vida foi aquel día en maio do 2006 en Laraona, en Pamplona, cando se conseguiu o ascenso á Liga EBA.
-O capitulo de agradecementos sería unha lista interminable.
-(Sorrisos). Agradecemento de corazón a todas as entidades públicas e privadas, e a noso eterno patrocinador. Sobre todo recoñecer aos meus compañeiros de directiva. Todos os que estiveron e están traballando sen descanso e altruistamente para poñer o Basket Xiria onde está. E dentro de eles, a Rubén Lorenzo, que estivo sempre ao meu carón. E, por último, a miña familia. Meus pais, irmáns, a miña muller e filla.
-¿Como queda o futuro inmediato de Xiria?
-O nivel económico puxen todos os mecanismos para que non volva a producirse desviación orzamentaria, como cando se viviu hai cinco anos estando na Liga EBA. O club na actualidade mantén o equilibrio entre ingresos e gastos.
-¿E no eido deportivo?
-Sempre puxemos todos os esforzos e a aposta foi clara. Primeiro, ca profesionalización dos adestradores e deunos os seus froitos en todo este tempo. Chegamos a colocar o baloncesto en Carballo e comarca no lugar que sempre lle correspondeu.
-¿Tanto cambiou?
-Temos neste intre 500 nenos e nenas e cando comezamos eran uns trinta. Pasamos dos tres equipos aos doce ademais de colaborar con seis da Laracha e os tres de Ponteceso. Chegaron os éxitos deportivos e a achega de xogadores ás seleccións galegas e nacionais. Como colofón, un campionato autonómico infantil, o primeiro na historia do baloncesto na comarca.
-E tamén o Pequebasket.
-É un modelo que creamos hai tres anos para nenos entre 5 e 8 anos. Agora é un referente do baloncesto a nivel galego e nacional. A fórmula está a ser imitada.
-Un bo colofón é a súa nominación para carballés do ano.
-Os que formamos a familia do baloncesto de Xiria, a nominación foi para todos nós un orgullo e un acicate para seguir a traballar a favor deste bonito deporte. Está claro que con ese feito estase a recoñecer o traballo feito.
Diego vázquez reino presidente da escola basket Xiria