Amosando publicacións coa etiqueta maria del pilar mata. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta maria del pilar mata. Amosar todas as publicacións

domingo, 27 de xaneiro de 2019

Consumo de sustancias e ludopatía acapararon as consultas a Vieiro

A asociación, con sede en Carballo, atendeu no 2018 un total de 177 demandas de información





CARBALLO / LA VOZ 27/01/2019
 Demandas de información acerca de ludopatías e consumo de sustancias, así como pautas psicoeducativas de orientación ás familias foron os motivos da maior parte das consultas feitas á asociación Vieiro no exercicio 2018. A entidade fixo balance, e de presentar os resultados encargáronse Xosé María Arán, vicepresidente, e María del Pilar Mata, secretaria. Expuxeron, deste xeito, os datos correspondentes ao Servizo de Información e Asesoramento, un programa a través do que ofrecen axuda sobre calquera aspecto relacionado cos problemas derivados de condutas adictivas e o seu tratamento. Idades e sexo
En Vieiro, segundo as cifras facilitadas, foron atendidas este pasado ano un total de 177 demandas (142 presenciais, na sede da entidade, e 35 vía telefónica). Quen máis se achegaron ata as instalacións da asociación foron homes adultos (100), fronte a 20 mulleres e 22 mozos (destes, 19 homes e 3 mulleres). Por vía telefónica os parámetros son bastante similares en canto a sexo: 16 homes adultos, 18 mulleres e un home novo.
Con idades comprendidas entre os 15 e os 60 anos, a maior parte das consultas fixéronse desde a área xeográfica que abarca desde A Coruña ata Fisterra, sendo a cocaína a sustancia máis consumida por parte daquelas persoas que requiriron dun tratamento. Ascende ao 30 % dos casos derivados, seguida polo cannabis e o alcol, cun 25 %, respectivamente. En terceiro lugar atópanse os casos de ludopatía (10 %), seguida esta por a heroína e o tabaco (un 5 %).


domingo, 14 de xaneiro de 2018

Vieiro presentó el programa de prevención en los institutos de Carballo

Comenzará mañana lunes en varios centros


carballo / la voz
La asociación Vieiro presentó el programa de prevención escolar en los institutos de Carballo. Lo hizo a través del vicepresidente, Xosé María Arán; María del Pilar Mata, responsable de prevención, y la educadora social Míriam Romero.

Bajo la denominación de Constrúe o teu mundo, de habilidades sociales, comenzará mañana lunes 15 en los centros Parga Pondal, Monte Neme, Alfredo Brañas y Artai.

El programa está destinado a alumnos de 12 a 16 años (de primero a cuarto de ESO), financiado por el Concello de Carballo y la Consellería de Sanidade.

+ INFO: La Voz de Galicia

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...