Amosando publicacións coa etiqueta padroado Alfredo brañas de carballo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta padroado Alfredo brañas de carballo. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de maio de 2019

Miro Casabella estrea no Pazo da Cultura a peza "A véspera de San Xoán", baseada nun poema de Alfredo Brañas

160º ANIVERSARIO DE ALFREDO BRAÑAS
Miro Casabella estrea no Pazo da Cultura a peza "A véspera de San Xoán", baseada nun poema de Alfredo Brañas

O Auditorio do Pazo da Cultura acollera o sábado 11 de maio, ás 20 horas, o concerto "Alfredo Brañas, unha memoria viva", do cantautor lucense Miro Casabella, que estará acompañado polos integrantes do histórico grupo carballés de música folk Xocaloma, afastado dos escenarios desde 1994. O recital forma parte do programa de actos en honor a Alfredo Brañas Menéndez, promovido polo Padroado Alfredo Brañas de Carballo, coa colaboración do Concello, con motivo do 160º aniversario do nacemento do fillo predilecto do noso concello. Durante a actuación, na que soarán cancións clásicas nos repertorios de Casabella e Xocaloma, estrearase a peza titulada A véspera de San Xoán, baseada no poema Lembranzas, de Brañas, con partitura de Casabella.

Considerado pola crítica como o máis relevante dos cantautores galegos, Miro Casabella formou parte do grupo Voces Ceibes (1968-1975). Actuou por toda Galicia e España, así como en Alema- ña, Francia, Bélxica, Canadá… A súa voz cálida e potente, con varios rexistros de riqueza notable e inconfundible é sen dúbida a voz do seu país. O cancioneiro de Miro Casabella, ademais de composicións propias, ofrece versións que completan un percorrido moi completo pola literatura galega, desde Alfonso X ou Martín Códax a Celso Emilo Ferreiro, Manuel María e Uxío Novoneira, pasando por Rosalía, Ramón Cabanillas ou Luís Pimentel.
Xocaloma foi un grupo de música tradicional galega, exquisito nas voces, fundado en Carballo en 1975 e disolto en 1994, integrado por por Dores Pratas Penedo (solista), Juan Carlos Díaz do Val (voz e guitarra), Fernando Fidalgo Cerviño (voz), Joaquina Ávila Cotado (voz), Juan Carlos Cancela Calvelo (guitarra e voz), Jorge Campos Vázquez (voz e percusión), Federico Lago Cordo (teclados), Xosé Luís Silva Romaní (guitarra) e Manuel Barca. En 1978 gravaron o seu primeiro disco, Terra, ao que seguiría Soio foi un soño, en 1979. Participaron en diversos festivais, como o Intercéltico de Lorient ou do Mundo Celta de Ortigueira. Algunhas das sus cancións máis coñecidas son adaptacións de temas tradicionais galegos como Ou rodaballo, A saia dá Carolinaou Lela, pero tamén composicións propias como Soio foi un soño.

xoves, 31 de xaneiro de 2019

Homenaje a Alfredo Brañas en el Panteón de Galegos Ilustres

Será el 21 de febrero, a las 11.30 horas, según explican desde el Padroado que reivindica el legado del carballés




CARBALLO / LA VOZ 29/01/2019

«Unha ofrenda do pobo de Carballo ao seu único fillo predilecto». Así definen desde el Padroado Alfredo Brañas el nuevo homenaje que se está gestando en el Panteón de Galegos Ilustres (Santiago de Compostela), donde están enterrados los restos mortales de Brañas.

El 21 de febrero, día en el que se cumplirán 119 años de su fallecimiento, es la jornada escogida para el acto, en el que trabajan conjuntamente los ayuntamientos de Carballo y Santiago. De hecho, está previsto que ambos alcaldes -Evencio Ferrero y Martiño Noriega- pronuncien unas palabras durante el homenaje, que consistirá esencialmente en una ofrenda floral y la interpretación del Himno de Galicia como broche final. Será a las 11 y media de la mañana.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...