martes, 7 de maio de 2019

Miro Casabella estrea no Pazo da Cultura a peza "A véspera de San Xoán", baseada nun poema de Alfredo Brañas

160º ANIVERSARIO DE ALFREDO BRAÑAS
Miro Casabella estrea no Pazo da Cultura a peza "A véspera de San Xoán", baseada nun poema de Alfredo Brañas

O Auditorio do Pazo da Cultura acollera o sábado 11 de maio, ás 20 horas, o concerto "Alfredo Brañas, unha memoria viva", do cantautor lucense Miro Casabella, que estará acompañado polos integrantes do histórico grupo carballés de música folk Xocaloma, afastado dos escenarios desde 1994. O recital forma parte do programa de actos en honor a Alfredo Brañas Menéndez, promovido polo Padroado Alfredo Brañas de Carballo, coa colaboración do Concello, con motivo do 160º aniversario do nacemento do fillo predilecto do noso concello. Durante a actuación, na que soarán cancións clásicas nos repertorios de Casabella e Xocaloma, estrearase a peza titulada A véspera de San Xoán, baseada no poema Lembranzas, de Brañas, con partitura de Casabella.

Considerado pola crítica como o máis relevante dos cantautores galegos, Miro Casabella formou parte do grupo Voces Ceibes (1968-1975). Actuou por toda Galicia e España, así como en Alema- ña, Francia, Bélxica, Canadá… A súa voz cálida e potente, con varios rexistros de riqueza notable e inconfundible é sen dúbida a voz do seu país. O cancioneiro de Miro Casabella, ademais de composicións propias, ofrece versións que completan un percorrido moi completo pola literatura galega, desde Alfonso X ou Martín Códax a Celso Emilo Ferreiro, Manuel María e Uxío Novoneira, pasando por Rosalía, Ramón Cabanillas ou Luís Pimentel.
Xocaloma foi un grupo de música tradicional galega, exquisito nas voces, fundado en Carballo en 1975 e disolto en 1994, integrado por por Dores Pratas Penedo (solista), Juan Carlos Díaz do Val (voz e guitarra), Fernando Fidalgo Cerviño (voz), Joaquina Ávila Cotado (voz), Juan Carlos Cancela Calvelo (guitarra e voz), Jorge Campos Vázquez (voz e percusión), Federico Lago Cordo (teclados), Xosé Luís Silva Romaní (guitarra) e Manuel Barca. En 1978 gravaron o seu primeiro disco, Terra, ao que seguiría Soio foi un soño, en 1979. Participaron en diversos festivais, como o Intercéltico de Lorient ou do Mundo Celta de Ortigueira. Algunhas das sus cancións máis coñecidas son adaptacións de temas tradicionais galegos como Ou rodaballo, A saia dá Carolinaou Lela, pero tamén composicións propias como Soio foi un soño.

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...