luns, 30 de maio de 2011

RESULTADOS ELECTORALES DE CARBALLO , MUY MUSICALES POR CARBALLO DIXITAL

ESTA CLARO QUE ESTAS ELECCIONES NO PINTARON BIEN PARA TODOS, COMO SIEMPRE UNOS SE LA DIERON DE CARA, OTROS DE CANTO Y COMO NO TAMBIEN SURGIO LA CRUZ. PODIA VER EN EL BLOGCARBALLO DIXITAL   UNA FORMA ORIGINAL DE VALORAR LAS ELECCIONES, DESDE UNA VISION MUSICAL, SEGURO QUE LOS TEMAS NO SON DE AGRADO DE TODOS, PERO COMO MANIFESTE YO, LA MUSICA ESTA PARA ESO, PARA SER PLURAL  Y PARA TODOS LOS GUSTOS.
ME HE ATREVIDO A CONFECIONAR DE UNA FORMA ARTESANAL LAS CARATULAS, POR FALTA DE TIEMPO, PERO LO IDEAL ES QUE ACUDAS A CARBALLO DIGITAL Y ESCUCHES LA VALORACION MUSICAL DE LAS ELECCIONES EN CARBALLO. 
NO ES CUESTION DE BURLA NI OFENSA PARA NADIE, ES CUESTION DE TOMARSE LA VIDA CON HUMOR, SABIENDO QUE ALGUNOS NO LES HARA NI PIZCA DE GRACIA. PERO LA VIDA SIGUE Y A MAL TIEMPO BUENA CARA.
ENLAZA AQUI CON CARBALLO DIXITAL  http://www.carballodixital.blogspot.com/  

.

sábado, 28 de maio de 2011

O blog de Xosé María Arán Rodríguez

Logo Que pasa na Costa

DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE




A bitácora da semana (CXXVIII): 

O blog de Xosé María Arán Rodríguez



28 MAY 2011DEINDO


Facebooktwittergoogle_plus

Pincha para visitar a Bitácora de Xosé María Arán Rodríguez
En plena voráxine informativa electoral, visitamos o norte da bisbarra para coñecer unha bitácora
 informativa. O xornalista Xosé María Arán Rodríguez amósanos as súas entrevistas en BerTV.
A información e os persoeiros máis singulares da comarca de Bergantiños na rede.
  • xosemariaaranrodriguez.blogspot.com.

xoves, 26 de maio de 2011

DONA MARIA HELENA GARCIA LORENZO, EN XENTE DE AQUI, DE ALA E DE ACOLA.

Programa de entrevistas, en clave persoal, que emitirá BERTV-CANAL 31 a Televisión Local de Bergantiños. Dirixido e presentado por Xosé María Arán. Emitese o venres ás 21 horas e reponse o sábado e lún ás 12:00 e ás 16´30.

Emisión: 27-05-2011
Dona María Helena García Lorenzo.

naceu o 18 de abril de 1936 na parroquia carballesa de Ardaña.

Iniciou os seus estudios nas “Josefinas” de A Coruña, combinando a formación xeral con estudios de música, chegando a cursar ata terceiro de solfeo. Posteriormente, continuou ampliando coñecementos en Santiago de Compostela, aínda que por razóns persoais tivo que deixar de estudiar.

Xa desde moi nova amosou un espírito solidario, inclinándose polos máis desfavorecidos. Así, colaborou de forma activa na súa parroquia de Ardaña, onde, a pesar dos anos que leva vivindo fóra de alí, segue mantendo contacto coa xente.
Casou co empresario carballés Manuel Belo García, co que tivo tres fillos, e estivo traballando co seu home na empresa familiar.

Foi promotora na creación da Asociación Antidroga Vieiro de Carballo, entidade na que segue traballando e colaborando de forma totalmente desinteresada. Tamén é voluntaria e directiva en Proxecto Home Galicia desde hai máis de 29 anos. Neste senso ten realizada unha labor inestimable en Carballo, onde conseguiu que moitos drogodependentes entrasen en Proxecto Home para rehabilitarse; labor que continúa desenvolvendo de xeito moi activo. Incluso en diversas ocasións acolleu mozos na súa casa. Neste mesmo campo é responsable en galicia de Mundo X, centros de desintoxicación dos pais franciscanos.

Por outra banda, tamén desde hai anos vén colaborando con Cáritas, tanto en Carballo coma en Santiago de Compostela, onde concretamente participa en programas dirixidos ós xoves e de inserción socio-laboral de colectivos en risco de exclusión.

Desde o punto de vista persoal, é unha muller á que lle gusta axudar desde a sombra. Ten un carácter forte, aínda que aberto e alegre. Enfoca a vida desde o lado positivo das cousas e con sinceridade, e non se rende nunca ante un problema. É amante da natureza e dos animais, e é unha apaixonada do baile, tanto que acude tódolos sábados a unha escola de danza.

Tamén lee moito e escribe. Así está rematando as súas memorias, e empezou a escribir un libro baseado en feitos reais, que trata das drogas e as súas consecuencias.


.

VIDEOS PARA O RECORDO- VIDEO DA UPG SOBRE OS CONFLICTOS DAS ENCROBAS, XOVE E BALDAIO


Na defensa da terra (As Encrobas, Xove, Baldaio) from Terra e Tempo Tv on Vimeo.

sábado, 21 de maio de 2011

ESPECIAL ELECCIONS MUNICIPAIS EN BERTV


Este domingo 22, en BERTV-CANAL 31  TV LOCAL, emitiremos EN DIRECTO, un programa especial sobre ás eleccións municipais, contaremos con representantes dos partidos PP, BNG, PSdG-PSOE e TEGA, cos que analizaremos a xornada e os resultados electorais, tamén realizaremos conexións cas diferentes sedes dos partidos en Carballo e amosaremos os resultados da comarca e galicia.  


.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...