xoves, 17 de novembro de 2011

Volve a choiva de estrelas das Leónidas

A choiva de meteoros das Leónidas alcanzará o seu punto álxido esta noite. Os observadores con ceos despexados poden chegar a ver entre 15 e 20 meteoros por hora, segundo anuncian os astrónomos.

 O mellor momento para velos será unhas horas antes do amencer, cando se puxo a Lúa e a escuridade do ceo sexa máxima. Esta choiva de estrelas, a segunda do outono, prodúcese cando a Terra atravesa unha corrente de residuos -fragmentos de roca e de xeo- que deixou o cometa 55P/Tempel-Tuttle na súa última aproximación ao Sol. Ao tocar a atmosfera do planeta estes restos se desintegran e dan lugar ao fenómeno.

O cometa 55P/Amorne-Tuttle pasa cada 33 anos cerca do Sol, de tal modo que este é o tempo que tarda en renovar os seus "residuos". Entón a choiva pasa a ser "unha tormenta".

Que disfrutedes.-

.

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...