domingo, 25 de decembro de 2011

UN SOÑO FEITO REALIDADE

Permitídeme que hoxe fale nesta sección dun feito que está a celebrarse na miña Vila de Carballo (A Coruña), un tamén ten que aproveitar esta sección para facer  “pátria”.
Carballo, é desde o 4 setembro de 2011, día da Milagrosa, e durante todo o ano lugar santo de peregrinación, igual que Santiago de Compostela ou Caravaca de la Cruz. Aínda que nestes grandes destinos de peregrinación, os máis famosos de España, os Anos Santos son periódicos, o Xubileo da Milagrosa de Carballo será un feito extraordinario e único na súa historia.
A Santa Sé concedeu a celebración do Ano Xubilar Mariano, «un período de graza divina que outorga o Papa Benedito XVI en nome da Igrexa», con motivo de efemérides extraordinarias.

No caso de Carballo, o Ano Xubilar, conmemorará o centenario da construción da Capela , que promoveron os esposos D.Ramón e Dª Basilisa, en agradecemento por unha curación milagrosa que atribúen á Virxe.
A Misa de apertura do ano xubilar, foi presidida polo Arcebispo de Santiago o domingo día 4, na Praza da Milagrosa. Sendo retransmitida por Radio Voz , por Poluar Tv e a canle 13 de TV, para toda españa. Salientar nesta celebración que foi cantada pola Coral de Bergantiños e o Coro de Voces brancas, que estrearon o Himno á Mlagrosa, composto por Jesús Mendez Torrado.

A Misa xubilar está sendo todos os días ás 19 hs. Os sábados ás 11 hs. Cando algunha parroquia ou grupo queiran vir en peregrinación celebrarase a Misa á hora máis conveniente.

Animarvos a todos e todas a acudir xa sexa a nivel individual ou en grupo, para poder acudir e ter máis información podedes contactar Teléfono_ Fax: 981 756 726 ou parroquiacarballo@archicompostela.org e para máis información, http://www.parroquiacarballo.com/ 

 O COMENZO DA HISTORIA:
Os esposos D.Manuel Sánchez Cotelo e Dª Josefa  García Facal tiveron oito fillos: Carmen, Dolores, Genoveva, Josefa, Eduardo, José, Manuel e Ramón Sánchez García.

Naceron todos en Carballo, e vivían na Lagoa, se ben RAMÓN SANCHEZ GARCIA ao casarse con BASILISA RODRIGUEZ SANDE pasou a residir no edificio chamado o “Covento”, no nº 2 do Campo da Feira, cuxo edificio construíu en terreo propio, dotándoo dunha Capela unida, coñecida por “Capela da Milagrosa” ou tamén “Igrexa da Medalla Milagrosa”.
Dª Basilisa era natural de Buño, e exercía como mestra, aínda que desde que casou deixou a súa profesión.
Contan que Dª Basilisa sufriu unha grave enfermidade, que os médicos non lograban curar. Entón encomendouse á Virxe Milagrosa, facendo a Novena e recibindo con devoción a Medalla da Virxe. Conseguiu curarse de todo, atribuíndo a súa curación a un milagre da Milagrosa.
En agradecemento foi cando decidiu o matrimonio construír a Capela e o Colexio anexo á vivenda (que comunicaba coa Capela), destinándose a Colexio e residencia das Relixiosas Dominicas da Anunciata. As monxas eran as que se encargaban de impartir a ensinanza e tamén a educación relixiosa e formación humana.
Deste xeito, no ano 1912 inaugurouse a Capela, e en 1924 rematáronse as obras do Covento-Colexio.
As alas dereita e posterior do edificio dedicáronse a convento de clausura e colexio; e a ala anterior a vivenda dos Sánchez Rodríguez.


Se a isto se engaden as obras de caridade e penitencia, compréndese perfectamente que o recordo dos fundadores e creadores da Capela da Milagrosa permaneza tan vivo,  tanto no barrio coma no resto da Vila de Carballo.
D.Ramón y Dª Basilisa dedicaron moito esforzo e preocupación, así como gran parte do seu patrimonio a que no Covento-Colexio se dese educación cristiá aos nenos e que na Capela se celebrase culto, para o que conseguiron que viñesen a residir as Relixiosas Dominicas da Anunciata. Foron ao longo dos anos moitas persoas as que aprenderon a ler e escribir, y ademais recibiron unha formación cultural, musical e artística, xa que a parte da formación en idade escolar, tamén se impartían clases de labores, música, pintura e convivencia. A “Madre Monserrat” ou a “Madre Matilde” aínda son recordadas polas clases de piano que impartían.
A recoñecida pintora Antoñita Villaverde Pumar, que foi alumna deste Colexio da Milagrosa ata os 17 anos, refire que a Irmá Guillermina Grey, filla de pai inglés e nai arxentina, foi profesora súa. Di Antoñita que ”A tódolos maiores ensinounos o que esixían para Bacharelato, e como debuxaba moi ben facíanos debuxar do natural. Foi a que nos ensinou a pintar á acuarela, e A min fixome a dedicarme á pintura, que foi a miña profesión”.
Durante a República pechou o Colexio, ao marchar as monxas. Despois continuou unha profesora de Santiago dando clases, tras a Guerra Civil volveron as Relixiosas por una temporada.
D.Ramón Sánchez García morreu en Carballo o 1 de xaneiro de 1941, deixando no testamento disposta unha dotación económica para o funcionamento e atención da Capela da Milagrosa.
En agosto de 1941, o convento e a capela pasaron a ser propiedade dos esposos  D. Manuel Peregil Pérez e Dª María Cambón Sánchez.
Dª Basilisa faleceu en Carballo o 21 de Setembro de 1956.
Durante todos estes anos, por un acordo entre a familia propietaria e o Arcebispado de Santiago de Compostela, a Capela estivo aberta ao culto, destacando como actos relixiosos a Novena á Milagrosa e a súa festa, que se celebra o primeiro domingo de Setembro.
O 13 de xaneiro de 2010 transmitiuse a propiedade da Capela e do edificio anexo en ruínas á Parroquia de San Xoán Bautista de Carballo.
Con motivo do Centenario efarase a Coroación canónica da Imaxe da Virxe Milagrosa que será o 3 de setembro do 2012.
Nestes momentos estase a rehabilitar o edifício anexo a capela, para destinalo a unha Obra social de Acollida a mulleres  maltratadas, ás nais que non queiran abortar, etc., que leva o nome de “Fogar Dona Baselisa” em homenaxe a fundadora da capela e que será dirixida polas Fillas da Caridade.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Mis felicitaciones por esta bendicion que para Carballo y toda Galicia supone este Jubileo. Ojala Carballo sea un lugar de conversion y regeneracion espiritual para toda Galicia y para toda España. Tony

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...