domingo, 30 de decembro de 2012
22 ANOS DE ILUSION, O ENGANO DÁ XUNTA DE GALICIA E UN S.O.S.
Fai 22 anos que se constituía a Asociación Antidroga Vieiro en Carballo, foi froito de todo o movemento social de Carballo e do propio apoio do Concello. Pero o máis importante foi o convenio establecido desde o comenzo pola Consellería de Sanidade dá Xunta de Galicia e o Concello de Carballo ca dotación económica que sería xestionada - como entidade prestadora de servizos - pola Asociación Vieiro. Así foi acordado polo pleno do Concello de Carballo composto por: IxC, PP, BNG e PSOE e así continuou aprobándose ano tras ano, ata hoxe.
Con estes fondos foron moitas as actividades desenvolvidas e os proxectos realizados, tamen moitas horas de voluntarios e profesionais, isto todo recoñecido pola propia Xunta de Galicia a Vieiro como entidade “Declarada de interese para a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de drogodependencias”.
Paradoxas dá vida, a Vieiro chegoulle o agasallo de nadal de forma cruel e inxusta por parte dá Consellería de Sanidade dá Xunta de Galicia, o non asinar o convenio que tiña comprometido co Concello para o 2012, ou sexa un tremendo engano, que Vieiro supera este ano polo remanente económico que tiña. Pero tamen mándannos outro, o comunicarlle o Concello que tampouco asináse ningún convenio para o 2013.
Xa comezamos os recórtes: proxectos, revista, gastos xerais, profesionais contratados dos programas… e o que mais me doe, que si non se encontra financiamento, teremos que despedir a nosa educadora social que leva 22 anos con nos. Desde aquí fago un chamamento especial os políticos e tamén a empresas e xente de ben, para que se volva a mostrar aquela marea de solidaridade de fai 22 anos e que Vieiro poda seguir traballando outros tantos anos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario