mércores, 26 de decembro de 2012

DESHAUCIOS, UN CONTO DE NADAL...


Tiña feito un artigo para falar como non da “maldita crise” e en especial dos “DESHAUCIOS”, pode ser que estivera ben, con datos estadísticos, posturas dos colectivos anti-desaucios, da mala praxis bancaria, das saidas posibles, e como non tarde e arrastro, das solución plantexadas por políticos e goberno, aínda que hai que ser xusto e non tódolos partidos actuaron con tardanza, xa que algún deles fixeron propostas xa fai tempo, pero pola súa presenza minoritaria no parlamento non foron a ningures.

Pero decateime que estamos en tempo de nadal e que mellor forma de falar do tema que deixando de lado os datos, xa por moitos escoitados en radio, leidos en prensa e internet ou vistos na televisión e contarvos un conto que pensó que intentando atoparlle a similitude pode ser máis aconsellable e descriptivo.

Falovos dun fermoso conto, que a min desde cativo sempre me fixo reflexionar, que nas datas de nadal en diferentes adaptacións do cine podese ver nas nosas televisións, o título do conto é “Un conto de Nadal” unha novela curta escrita polo británico Charles Dickens en 1843. Seguro que moitos tivechedes a ocasión de ler o libro ou ver a película.

Non está demais lembrase de novo dela. Nela fálase de como unha persoa huraña ou rañas pode cambiar a súa actitude durante o Nadal.

 O protagonista é o señor Ebenezer Scrooge, un home avaro e rañas que non celebra a festa de Nadal por mor da súa solitaria vida e a súa adicción o traballo. Non lle importan os demais, nin sequera o seu empregado Bob Cratchit, o único que lle importan son os negocios e gañar diñeiro. Cando van pedirlle diñeiro para os pobres, Scrooge di "¿Non hai prisións?, ¿Non hai asilos?" e di que, se a xente morre, deterase a sobrepoblación, botando á xente do sitio.

Unha noite, en véspera de Nadal, Scrooge recibe a visita dunha pantasma que resulta ser o do seu mellor amigo e socio Jacob Marley, que morre sete anos antes do inicio da historia. O espectro cóntalle que, por ser avaro en vida, toda a súa maldade converteuse nunha longa e pesada cadea que debe arrastrar por toda a eternidade. Anúncialle a Scrooge que xa superou o conxunto das súas maldades, polo tanto, cando morra terá que levar unha cadea moito máis longa e pesada. Entón anúncialle a visita de tres espíritos do Nadal, que lle darán a última oportunidade de salvarse. Scrooge non se asusta e desafía a predición. Scrooge dórmese.

Esa noite, Scrooge esperta e atopa á Pantasma do Nadal Pasado, que irradia luz e que parece un neno, dille que o acompañe, primeiro móstrao como un neno solitario, que está só na escola todo o verán lendo, logo, móstralle á súa irmá Fanny, que vai buscalo para levalo a casa e xuntos saen de aí, a pantasma recórdalle que morreu ao ter un fillo, o seu sobriño, Fred. Logo móstralle a súa aprendizaxe, ao seu mestre Fezziwig, a Dick Wilkins e á súa noiva. Logo móstralle unha escena triste, na que a súa noiva déixao debido a que se volveu rico e xa non lle importaba o Nadal.

Finalmente, chega a Pantasma do Nadal do Presente que lle fai ver o avaro a actual situación da familia do seu empregado Bob Cratchit, que a pesar da súa pobreza e da enfermidade do seu fillo Tim, celebra o Nadal, Scrooge pregúntalle á pantasma se Tim sobrevivirá, a Pantasma dille que morrerá, e di que non importa, "pois deterá a sobrepoblación", avergoñando a Scrooge pola súa conduta. Logo o Espírito móstralle como todas as persoas celebran o Nadal; ata o sobriño de Scrooge, Fred, celebra o Nadal dun xeito irónico pero alegre (debido a que os invitados non queren a presenza do avaro). Ao final, A Pantasma lévao a un reloxo onde Scrooge repara nunha garra que sae da súa túnica, a Pantasma ábrella e revela a un neno e a unha nena que son a Miseria e a Ignorancia, cando Scrooge pregúntalles se non hai quen os coide, o neno pregunta "¿Non hai prisións?" e a nena pregunta "¿Non hai asilos?", a Pantasma envellece e morre rapidamente.

A Pantasma do Nadal Futuro, mudo e de carácter sombrío, móstralle o máis desgarrador: o destino dos avaros. A súa casa saqueada polos pobres, o recordo sobrío dos seus amigos da Bolsa de Valores, a morte de Tim Cratchit e o máis espantoso: a súa propia tumba, ante a cal Scrooge arrepíase finalmente e intenta convencer o espírito de que está disposto a cambiar se lle inviste o destino. Ao final, o avaro esperta do seu pesadelo e convértese nun home xeneroso e amable.

O cambio víveo o propio Scrooge cando finalmente celebra o Nadal, fai que un mozo merquelle o pavo e envíeo para o seu empregado Cratchit sen dar a coñecer quen o mandou. Posteriormente sae á rúa para saudar á xente cun Feliz Nadal e entra en casa do seu sobriño Fred para festexar, causando asombro entre os invitados. Con respecto a Cratchit, finxe reprendelo pola súa chegada tarde ao traballo; dálle un aumento de soldo e vai con el para axudar á familia e en especial a Tim no seu tratamento da enfermidade, o que o final causa felicidade neles facendo memorable a frase do pequeno Tiny Tim: E que Deus nos bendíga a todos.

Scrooges na nosa sociedade actual hai moitos e nestes momentos pensó que o conto de Dickens escrito no1843 ten a mesma actualidade que no tempo actual que estamos a vivir, chamense banqueiros corruptos e usureiros, fan que nestas datas moitas familias non poidan pasar estas festa non na súa vivenda, senón no seu fogar que tanto traballo lles costou conseguir, e como un sono efímero fixolles mudar a súa situación.

Hai moitos que din: que non se arriscaran, xa sabían que tiñan que devolver as hipotecas, foron uns imprudentes…. Que fácil é falar dos demáis cando un non ten problemas, que fácil e botarlle a culpa a quen co seu traballo foi pagando as súas débedas ata que chegou esta “crise” que acabou non só co carto para pagar a hipoteca senón ca vida da súa familia, que fácil e botarlle a culpa o desauciado e non a banca “usureira” que lle valora agora menos a sua vivenda quedase con ela e aínda os hipoteca pòr vida, que fácil é falar…

Non me quero esquencer dos que sofren esta traxedia, e quero plasmalo no caso de Amaia Egaña que deixou a vida suicidándose en Barakaldo diante da súa casa.

Agardemos que como Scrooge, todos os que teñen nas súas máns a posibilidade de arranxar o temas dos “DESHAUCIOS” DAS HIPOTECAS, teñan un soño como el e que brile o milagre o despertar del, e como a realidade supera nas miserias os mellores contos, este que remate cun final feliz.

Sorte para todos e todas e boas festas.


.
.

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...