sábado, 2 de abril de 2016

ELEXIDO O CARBALLES, BERGANTIÑAN E GALEGO DO ANO 2015




    No día de Hoxe celebrouse a elección dos galardóns de Carballés, Bergantiñan e Galego do ano 2015.
    As Asociacións determinaron conceder os galardóns a:




     CARBALLES DO ANO:
    CHOCOLATES MARIÑO
    Fundada no ano 1927 por D. José Mariño Pensado, é unha das poucas empresas en toda España que continúa a día de hoxe co proceso de elaboración tradicional do chocolate. Enfronte á Casa do Concello de Carballo, Chocolates Mariño, tras noventa anos de tradición, segue elaborando un excelente chocolate baixo a batuta do fillo do fundador, D. Severino Mariño e a súa familia. E non hai que esquecer que tamén seguen a producir velas de cera.

    BERGANTIÑAN DO ANO
    XERMÁN ROXELIO (XELUCHO), ABELLA CHOUCIÑO
    Natural de Malpica de Bergantiños, é licenciado en teoloxía, filosofía e ciencias da educación. Dou clase de filosofía a moitos mozos de mozas da Comarca de Bergantiños. É escritor de literatura infantil e libros relacionados coa comarca, entre outros “Gundar e o cabalo de oito patas”, “A cidade maldita”, “A ermida do diaño”, ou “As aventuras de Pelusa”, libro reeditado hai dous anos. Tamén publicou unha guía turística de Malpica. Alonxado da docencia e da escritura, continúa a ser un referente no ensino e na cultura da nosa Comarca.


    ASOCIACIONS DE LOITA CONTRA O CANCRO DE BERGANTIÑOS
    As Xuntas Locais da Asociación Española Contra o Cancro, veñen desenvolvendo desde hai anos na nosa Comarca unha gran labor social de concienciación, axuda e recadación de fondos para a investigación e tratamento das enfermidades de cancro.

    ASOCIACION AMBIENTAL SENDA NOVA
    É unha entidade sen ánimo de lucro composta duns 40 socios, principalmente das comarcas de Bergantiños e Soneira. Ten como obxectivos principais a protección e posta en valor do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico, sobre todo destas comarcas. Deste xeito, véñense levando a cabo diversos proxectos de posta en valor do noso patrimonio.

    GALEGO DO ANO:
    EQUIPO DE TRANSPLANTES DO CHUAC (COMPLEXO HOSTITALARIO UNIVERSITARIO A CORUÑA)
    O Equipo de Trasplantes do CHUAC bateu en 2015 o seu propio récord de transplantes, destacando o incremento nos transplantes de pulmón. A solidariedade dos doantes, así como o gran traballo médico do equipo, do que é coordinador Antón Fernández, converten nun referente da asistencia sanitaria pública a este grupo de profesionais.




Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...