Amosando publicacións coa etiqueta padroado fogar de bergantiños. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta padroado fogar de bergantiños. Amosar todas as publicacións

domingo, 12 de marzo de 2017

Nominados Carballés, Bergantiñán e Galego do ano 2016 polo Consello asesor, Agora tocalle propoñer ás entidades de Bergantiños





Nominados Carballés, Bergantiñán e Galego do ano 2016

Carballo, a 12 de Marzo de 2.016.

Estimado amigos/as:

Como ven sendo costume por estas datas, o “PADROADO FOGAR DE BERGANTIÑOS” convoca a elección dos galardóns de Carballés, Bergantiñán e Galego do ano 2016 a todas as entidades da Comarca de Bergantiños.

Reunido o “Consello Asesor”, realizouse a proposta da “relación preliminar de nominados”, que é a que se pode consultar na web www.padroado.com . Ésta pode ser ampliada polo voso colectivo en calquera das tres categorías. Se así o facedes, debedes remiti-lo listado de novos candidatos cos datos e méritos máis amplos que poidades antes do día 19 de MARZO á Rúa Portugal, nº 9 de Carballo (CP 15100) ou ben á dirección de correo electrónico “info@padroado.com”.

A relación dos novos nominados que haxa farásevos chegar oportunamente, e que sumada a esta que se envía agora, formará a lista definitiva de candidatos a “Carballés, Bergantiñán e Galego, Edición 2016”, da que sairán os galardoados.

Dándovo-las gracias por anticipado pola vosa colaboración imprescindible, e sen a que non sería posible a concesión destes galardóns, recibe un afectuoso saúdo.


Josefina Rey Baldomir

Presidenta




NOMINADOS A CARBALLES DO ANO 2016



Bergantiños, F.C. Sección Femenina 

Noventa e tres anos despois da fundación do clube, o Bergantiños xunto ás Escolas Luis Calvo Sanz despegan no mundo do fútbol feminino e con esta nova formación, demóstrase que o deporte feminino está en auxe. Desde a organización lanzan a seguinte mensaxe: «Tódalas mozas poden participar». A carballesa María Bardanca, cunha longa traxectoria no mundo do fútbol, vai ser unha das adestradoras do equipo.


Cantareiras de Berdillo 
Empezaron sendo nenas, e despois de 25 anos continúan disfrutando, recuperando e transmitindo a nosa música tradicional cantada, baixo o amparo da Asociación Cultural Arume. Eixo fundamental da música popular en Carballo e na Comarca de Bergantiños






Escola de Basket Xiria
O traballo coa canteira, continúa a ser a filosofía e esencia do clube de baloncesto carballés Escola Básket Xiria, desde os seus inicios hai 30 anos, como unha oferta deportiva máis da Asociación Deportiva Xiria. Ademais de incrementar o número de participantes, supón establecer colaboración con outras entidades de Bergantiños e A Coruña. Cabe subliñar desde hai uns anos a organización do Día do Pequebasket, que se celebra en Carballo o 17 de maio



Escolas de Fútbol Luis Calvo
As Escolas de Fútbol Luís Calvo nacen no ano 2001 co obxetivo de promover a práctica dol fútbol e o fútbol sala nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín. A sua escola reúne cada ano a centos de chavales oredor de estes deportes. Dende o ano 2005 organizan o 'Torneo Internacional de Fútbol-7 Concello de Carballo', que xa ten reunido aos clubs de maior nivel galego, estatal e internacional, e goza de recoñecemento no ámbito estatal por ser un dos mellores torneos na súa modalidade.


Fernández Rial, Rosalía
Rosalía Fernández Rial (Carballo-Muxía, 1988) é licenciada en filoloxía pola USC, estudou acordeón, fai teatro afeccionado e, sobre todo, escribe. Como poeta, entre os seus libros destacan títulos como En clave de sol (2009), Átonos (2011), Vinte en escena (2012), Un mar de sensacións (2012), Ningún amante sabe conducir (2014) e Contracción(2016).
Na súa faceta de narradora, Rosalía participou no volume colectivo Follas de Carballo (2011), en revistas (como a das Festas do San Xoán ou da Romaría da Barca) e no xornal Infoxove.


FIOT (Festival Internacional de Outono de Teatro)
Un dos festivais teatrais españois con máis tradición e renome que se celebra desde hai 25 anos en Carballo. O FIOT, cualificado polo seu director, Alberto Sueiro, como “un continente de actividades relacionadas coa escena”, inclúe actividades para nenos, funcións de teatro contemporáneo e alternativo, monólogos, cabaré, maxia, clowns, … ademais de iniciativas para poñer en contacto a pofesionais e público
Marcos Rodríguez (Fotógrafo)
Este carballés afincado en Cee iniciouse na fotografía xa desde neno e, co tempo, a afección converteuse en paixón. Así, despois de estudar Produción e Linguaxe Audiovisual entre 1990 y 1994, y empezar facendo reportaxes de comunións, vodas e bautizos cunha cámara de vídeo, dedicouse por completo ás imaxes estáticas recibindo numerosos premios a nivel nacional e internacional. En 2017 será representante del equipo español na categoría de ""Reportaxe Gráfica" na World Photographic Cup (WPC) Copa do Mundo de Fotografía.


Milagros Cotelo
Unha das pintoras máis queridas de Carballo que empezou a interesarse pola arte desde moza. Hai uns vinte anos, cando decidiu empezar a dar clases de pintura na Casa da Xuventude, chegoulle a primeira oportunidade de expoñer en público as súas creacións. Desde hai pouco, preside o colectivo carballés de artistas Crea Formas, que axudou a fundar en 2008.




Pose Blanco, José Luis
Probablemente o mellor futbolista carballés de todos os tempos.
Jugó en Primera y en Segunda. También fue profesor de gimnasia, empresario de hostelería y edil, pero solo seis meses.







Proxecto Derrubando muros con pintura
Proxecto que converteu a Carballo nestes ultimos anos nun “museo” de arte urbana contribuíndo ademáis a erradicar o feísmo constructivo da vila no que artistas locais e internacionais participaron impulsados pola Concellería de Promoción Económica do Concello e que conta xa con 20 obras que se irán ampliando nos próximos meses con novos murais.




NOMINADOS A BERGANTIÑAS DO ANO 2016



Aloumiños
Asociación de persoas con necesidades específicas da Costa da Morte.
Pola labor denserolado ao longo destes anos na integración de nenos con necesidades especiais, e na formación de pais así como a participación na organización de actividades como o "Camiño dos faros inclusivo"






Camiño dos Faros
Polo seu proxecto de divulgación, coñecemento e deportivo en torno a roteiros polos faros da Comarca, e en particular polo proxecto Camiño dos Faros Inclusivo, promovendo a participación de persoas con discapacidade.






Federacion de ANPAS da Costa da Morte
O 2016 foi un intenso curso académico nos colexios da Costa da Morte. A loita polas xornadas únicas en varios centros educativos da bisbarra, a reivindicación da educación hospitalaria e domiciliaria para o alumnado con enfermidades de longa duración e o novo sistema das Reválidas centraron a preocupación dos pais e nais de Bergantiños.





INTEGRO
Pola súa labor de integración en prol das persoas con movilidade reducida da Comarca no mundo laboral.








Jesús Figueroa Ourens e José Angel Suárez Garrido (Candidatura Conxunta)
Polo seu traballo coa xuventude, na formación deportiva e humana, educación do tempo libre, e o fomento de valores coma a amizade, o respecto e a solidariedade, así como o impagable traballo de cohesión social ao longo de moitos anos coas categorías de fútbol de base.





Mercedes Queixas Zas
Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) é licenciada en Filoloxía galega pola Universidade da Coruña e exerce como docente de Lingua galega e literatura no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. É autora de ensaios de carácter divulgativo como Os trobadores do Reino de Galiza (1997) ou Breve historia da literatura galega (1999), ademais doutros estudos: Frei Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega (2002), Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política (2009), Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg (2011) e Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo (2011). Ademais, é coautora da Historia xeral da literatura galega (2001). Ten participado como relatora en diferentes foros de formación do profesorado, análise literaria e planificación lingüística aplicada ao ámbito educativo.
A súa última achega bibliográfica en 2013 foi a coordinación do monográfico para a Revista Galega de Educación dedicado a Rosalía de Castro e que leva por título «Aprendemos con Rosalía».
Entre marzo de 2007 e agosto de 2010 exerceu como coordinadora territorial dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da provincia da Coruña. Actualmente é secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.


GALEGO DO ANO 2016



Boquete Giadáns, Verónica
Verónica Boquete Giadáns naceu en Santiago de Compostela. Estrela do fútbol feminino, tras xogar en diversos equipos punteiros de Europa e América, actualmente milita no Bayern de Munich en Alemaña, e é a capitana da selección española de fútbol feminina. Desde febreiro de 2015 é embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino. Tamén nese ano, recibiu a Medalla Castelao e a Medalla de bronce da Real Orden do Mérito Deportivo.



EQUIPOS DE RESCATE AÉREO DE GALICIA DE SALVAMENTO MARÍTIMO
Dedicados a rescatar do mar aos navegantes en perigo, incluso poñendo en risco moitas veces a súa propia vida -dadas as condicións climatolóxicas nas que acostuman a traballar- fan destes funcionarios públicos un heroes na súa labor de busca e salvamento marítimo. Actualmente Galicia conta con dous helicópteros Helimer 201 e 411 con base na Coruña, e un avión Sasemar 102 con base en Santiago


Luar na Lubre
E unha das formacións musicais mais importantes do folk galego actual. No ano 2016 celebraron o 30 aniversario.
Trátase dunha das bandas máis representativas do panorama folk galego. Obtiveron distintos premios, boas críticas, actuacións nos mellores escenarios e dous discos de ouro.





Raña, Ivan
Pola súa traxectoria deportiva no triatlón. Culminada no 2002 co campionato do mundo e no 2003 co subcampionato do mundo e o campionato de Europa.








Vilar Díaz,Xosé Ignacio
Ós dezaoito anos trasládase a Barcelona, onde estuda cine, montaxe, dirección de actores, rodaxe de documentais e curtas. Alí comeza un proxecto de difusión de cinema polos barrios de Barcelona, e tamén polas vilas de Cataluña. En 1989 gaña o Carlos Velo polo guión "Ollo Birollo", volve a Galicia e monta a produtora Via Láctea Filmes, coa que dirixe curtas en 35mm, documentais e series documentais para televisión.No ano 2016 estrea Pola estrea da película «Sicixia» que encumbra a Costa da Morte

+ INFO: http://www.padroado.com/web/nominados.php?ide=60


.-------

domingo, 3 de abril de 2016

El Padroado Fogar galardona el arraigo y el servicio a la comunidad


Por primera vez, tres candidatos compartirán un premio, el de Bergantiñán do Ano

Carballo / La Voz, 03 de abril de 2016. Actualizado a las 05:00 h.



.La votación de los Premios del Padroado se prolongó casi dos horas.

Un total de 42 entidades la comarca de Bergantiños (40 presencialmente y dos por correo) decidieron ayer con sus votos los Premios Carballés, Bergantiñán y Galego do Ano del Padroado Fogar de Bergantiños. En la primera categoría, el galardón fue a parar a Chocolates Mariño, empresa ubicada en Carballo desde el año 1927 y una de las pocas que todavía hoy sigue haciendo -además de velas de cera- el chocolate de forma artesana, un manjar que ha alimentado a muchas generaciones.

Concurrían a esta categoría Escola Basket Xiria, FIOT, Escola Lubiáns Hockey, Xosé Ramón Freixeiro Mato y la científica y licenciada en Farmacia Karina Pombo, natural de Ardaña. Siguiendo lo estipulado en los estatutos de estos premios, fue precisa una segunda ronda de votos para decidir entre los dos nominados con más puntuación: Karina y Chocolates Mariño.

En el Premio Bergantiñán do Ano se dio una situación inédita hasta ahora. Llegar a acabar la cuarta ronda de votaciones sin una distinción porcentual de votos entre tres candidatos que cumpliese con lo fijado en los estatutos: fueron las nominaciones del profesor y escritor malpicán Xelucho Abella, de la entidad ambiental Senda Nova y de las juntas locales contra el cáncer de Bergantiños. En las dos primeras rondas se cayeron Peña Royal de Caión y Xesús San Luis Romero, pero después siguió estando muy reñido. Contemplan los estatutos que dos personas o entidades sí pueden compartir un premio, pero no tres, aunque la organización, según lo hablado, fue partidaria de dar voz a las entidades votantes presentes en el salón parroquial, que de forma totalmente unánime decidieron que Xelucho Abella, las juntas locales del AECC y Senda Nova sí compartan el premio. Nunca antes se había dado esta situación. Así lo había explicado Pedro Luis Fernández Pombo al comienzo de la reunión, pero siempre llega un momento que cambia la historia. Llegó ayer. 

Donde sí que no hizo falta más que una votación fue en el caso de dilucidar el premio al Galego do Ano. Estaban nominados el equipo de trasplantes del Chuac, la deportista Verónica Boquete, el humorista David Amor y el equipo de rescate aéreo de Salvamento Marítimo. Fue el equipo de trasplantes del centro hospitalario el que se llevó la mayoría de los votos (31 de los 42 emitidos), cumpliendo los requisitos contemplados en los estatutos para no ser precisa una segunda ronda.

Las entidades que ayer votaron reconocieron, así pues, el arraigo a un lugar y a un proceder, como es el caso de Chocolates Mariño, pero también el servicio a la comunidad (AECC y trasplantes) y la promoción y defensa de lo propio (casos de Abella y Senda Nova).

Los galardonados, en detalle

Carballés do Ano. Chocolates Mariño. Acumula 90 años de tradición en Carballo. Fundada en 1927 por José Mariño Pensado. Hoy, sigue bajo la batuta de su hijo, Severino Mariño, y de su familia.

Bergantiñán do Ano. Juntas locales de Bergantiños de la AECC. Las juntas locales de la comarca vienen desarrollando un gran trabajo de concienciación, ayuda y recaudación de fondos para la investigación y tratamiento del cáncer.

Bergantiñán do Ano. Xelucho Abella. Natural de Malpica. Profesor de filosofía durante muchos años. Escritor de literatura infantil. Ya retirado de la docencia, sigue siendo un referente.

Bergantiñán do Ano. Senda Nova. Asociación sin ánimo de lucro, radicada en Bergantiños, aunque con socios de otros puntos, y dedicada a la protección y puesta en valor del patrimonio ambiental y paisajístico.

Galego do Ano. Equipo de trasplantes del Chuac. Un referente en la asistencia sanitaria pública. Antón Fernández es el coordinador de este grupo de profesionales.

sábado, 2 de abril de 2016

ELEXIDO O CARBALLES, BERGANTIÑAN E GALEGO DO ANO 2015




    No día de Hoxe celebrouse a elección dos galardóns de Carballés, Bergantiñan e Galego do ano 2015.
    As Asociacións determinaron conceder os galardóns a:




     CARBALLES DO ANO:
    CHOCOLATES MARIÑO
    Fundada no ano 1927 por D. José Mariño Pensado, é unha das poucas empresas en toda España que continúa a día de hoxe co proceso de elaboración tradicional do chocolate. Enfronte á Casa do Concello de Carballo, Chocolates Mariño, tras noventa anos de tradición, segue elaborando un excelente chocolate baixo a batuta do fillo do fundador, D. Severino Mariño e a súa familia. E non hai que esquecer que tamén seguen a producir velas de cera.

    BERGANTIÑAN DO ANO
    XERMÁN ROXELIO (XELUCHO), ABELLA CHOUCIÑO
    Natural de Malpica de Bergantiños, é licenciado en teoloxía, filosofía e ciencias da educación. Dou clase de filosofía a moitos mozos de mozas da Comarca de Bergantiños. É escritor de literatura infantil e libros relacionados coa comarca, entre outros “Gundar e o cabalo de oito patas”, “A cidade maldita”, “A ermida do diaño”, ou “As aventuras de Pelusa”, libro reeditado hai dous anos. Tamén publicou unha guía turística de Malpica. Alonxado da docencia e da escritura, continúa a ser un referente no ensino e na cultura da nosa Comarca.


    ASOCIACIONS DE LOITA CONTRA O CANCRO DE BERGANTIÑOS
    As Xuntas Locais da Asociación Española Contra o Cancro, veñen desenvolvendo desde hai anos na nosa Comarca unha gran labor social de concienciación, axuda e recadación de fondos para a investigación e tratamento das enfermidades de cancro.

    ASOCIACION AMBIENTAL SENDA NOVA
    É unha entidade sen ánimo de lucro composta duns 40 socios, principalmente das comarcas de Bergantiños e Soneira. Ten como obxectivos principais a protección e posta en valor do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico, sobre todo destas comarcas. Deste xeito, véñense levando a cabo diversos proxectos de posta en valor do noso patrimonio.

    GALEGO DO ANO:
    EQUIPO DE TRANSPLANTES DO CHUAC (COMPLEXO HOSTITALARIO UNIVERSITARIO A CORUÑA)
    O Equipo de Trasplantes do CHUAC bateu en 2015 o seu propio récord de transplantes, destacando o incremento nos transplantes de pulmón. A solidariedade dos doantes, así como o gran traballo médico do equipo, do que é coordinador Antón Fernández, converten nun referente da asistencia sanitaria pública a este grupo de profesionais.




mércores, 21 de xaneiro de 2015

Emotiva entrega de los premios del Padroado Fogar de bergantiños

El acto se convirtió en un homenaje a Ponte Balboa, fallecido el lunes


La ausencia de José Manuel Ponte Balboa, histórico integrante del Padroado Fogar de Bergantiños que falleció en días pasados, marcó ayer el arranque de la entrega de los premios anuales de la entidad, pero el recuerdo de su sonrisa y su vitalidad animó a los presentes a no renunciar al carácter festivo de la celebración. Así, tras las palabras en su recuerdo pronunciadas por Josefina Rey Baldomir, presidenta del Padroado, y por el alcalde carballés, Evencio Ferrero, y del minuto de silencio en su memoria, que concluyó con un sonora aplauso, el programa regresó a su cauce habitual para reconocer a las personas y los colectivos más destacados del año pasado.

El sacerdote José García Gondar, carballés ya de «adopción e de corazón», como él mismo se definió tras 42 años ejerciendo de párroco en la localidad, recibió de manos del regidor el galardón que certifica esa condición. Rey Baldomir entregó a Xosé Pumar Gándara el premio al bergantiñán por su promoción de los «más altos valores culturais e literarios», que fueron sobradamente demostrados por el sacerdote en sus palabras de agradecimiento posteriores, y María Dolores Baluja Rozas recogió en nombre de los vecinos de Angrois el premio al gallego del año por su labor de auxilio a las víctimas del accidente del Alvia. La entrega la hizo el director xeral de Relacións Institucionais de la Xunta, Gonzalo Ordóñez Puime. Ese galardón fue compartido con el triatleta Javier Gómez Noya, ausente en el acto de ayer, pero que a través de una misiva se comprometió a visitar Carballo en el futuro para recoger un galardón que, según explicó, es un «honor y un orgullo». De forma simbólica, el vicepresidente segundo de la Diputación, Antonio Cañas Varela, hizo entrega de ese premio a Xosé María Arán, vicepresidente del patronato.

martes, 11 de xuño de 2013

Unos premios con mucha historia y trabajo detrás


Unos premios con mucha historia y trabajo detrás


11 de junio de 2013 05:00

Quizás suene a tópico, pero es la mejor forma de definir los premios Galego, Bergantiñán y Carballés do Ano: emotivos. Tanto, que raro es el año que a los galardonados o al público no se les escapa alguna lagrimilla. Este año incluso se le quebró la voz al presidente de honor del Padroado Fogar de Bergantiños, José Luis Calvo Pumpido, que pasó el relevo tras trece años al pie del cañón a Fina Rey Baldomir. «Sé que ella lo va a hacer muy bien porque siempre lo ha hecho bien», aseguró antes de que comenzase la entrega de los premios. Galardones, como insistió Fina, «moi merecidos», porque, añadió, «son o reflexo do sentir popular».
Los premios son fruto de la intensa labor que durante todo el año realizan los miembros de la junta directiva del Padroado, compuesta por trabajadores incansables unidos casi desde niños al tejido asociativo de Carballo y de Bergantiños. Fina Rey encabeza un equipazo en el que también está Xosé María Arán Rodríguez, vicepresidente de la entidad y miembro de numerosas asociaciones. Con currículo larguísimo en este sentido: Carballés do Ano 1992, director del Centro Social San Xoán Bautista, director de la revista Vieiro y vocal de la entidad, miembro del Consello Rector del Padroado Deportivo Municipal y del Consello Escolar Municipal... Desde joven, además, formó parte del Fogar da Xuventude, que presidió en su día el abogado Pedro Luis Fernández Pombo, gaiteiro de vocación y actual secretario del Padroado. El exconcejal, gran amante de la música, preside el coro Aires de Bergantiños.
Del Fogar da Xuventude, que durante varios años se encargó de la organización de los premios, formaron parte también la vicesecretaria del Padroado, María José Andrade Suárez, doctora por la Universidade de A Coruña y experta en turismo rural, y el tesorero, José Luis Vila Bermúdez, ligado a la organización de los premios casi desde sus orígenes. Igual que la presidenta del Padroado, Fina Rey Baldomir, directora durante muchos años del colegio Bergantiños, vicepresidenta de la asociación Vieiro, colaboradora incansable de la parroquia de San Xoán Bautista y Carballesa do Ano 2008.
De la junta directiva del Padroado forman parte también, como vocales, José Manuel Ponte Balboa y el incansable técnico de Cultura del Concello de Ponteceso, Francisco Javier Couto Castro. La mayoría de ellos estuvieron siempre muy ligados al Fogar da Xuventude, galardonado en la primera edición de los premios y organizador del acto entre los años 1987 y 2000.
Los seis miembros de la junta directiva del Padroado se encargan de que todo salga a la perfección durante el acto de entrega, pero nada tienen que ver con la elección de los homenajeados. «O proceso de selección é bastante complexo, o consello asesor é o que propón aos candidatos e as asociacións de Bergantiños a que vota para elixir aos gañadores», explica Arán, quien recuerda que una de las cláusulas del Padroado establece que «nunca poderán ser propostos políticos».
El proceso de selección es bastante diferente al que había en 1978, cuando se pusieron en marcha los premios por iniciativa de la revista Mensaxe de Bergantiños, de la que ya formaba parte Fina Rey. Entonces también había premio nacional e internacional y eran los lectores de la revista los que proponían a los candidatos y el jurado, compuesto por José García Gondar, José Antonio García Vázquez, Jesús Herranz Rodríguez, Xesús Antelo Quintáns, José Antonio Vence García y Avelino Abuín de Tembra eligieron a los ganadores, entre los que estuvo, por cierto, el único político hasta la fecha, Adolfo Suárez González, elegido Español do Ano por su importante labor en la Transición. «Foi a excepción», ríe Arán.

mércores, 6 de xullo de 2011

ENTREGA DOS GALARDONS DE CARBALLES, BERGANTIÑAN E GALEGO DO ANO 2010



Un ano máis o Padroado Fogar de Bergantiños, fai entrega dos galardóns de Carballés, Bergantiñán e Galego do ano 2010, é un acto público, no que se agasallan con este recoñecemento as persoas e entidades que contribuiron ou están a contribuir ca súa labor no desenvolovemento nos distintos campos en favor dos seus territorios.

DATA: 8 de xullo de 2011.
LUGAR: SALON DE PLENOS CASA DO CONCELLO DE CARBALLO – A CORUÑA. (Capital de Bergantiños).
HORA: 20´30.


OS PREMIADOS


CARBALLES DO ANO:

DON RAMON SANCHEZ GARCIA E DONA BASELISA RODRIGUEZ.


Os esposos D.Manuel Sánchez Cotelo e Dª Josefa García Facal tiveron oito fillos: Carmen, Dolores, Genoveva, Josefa, Eduardo, José, Manuel e Ramón Sánchez García.

Naceron todos en Carballo, e vivían na Lagoa, se ben RAMÓN SANCHEZ GARCIA ao casarse con BASILISA RODRIGUEZ SANDE pasou a residir no edificio chamado o “Covento”, no nº 2 do Campo da Feira, cuxo edificio construíu en terreo propio, dotándoo dunha Capela unida, coñecida por “Capela da Milagrosa” ou tamén “Igrexa da Medalla Milagrosa”.
Dª Basilisa era natural de Buño, e exercía como mestra, aínda que desde que casou deixou a súa profesión.
Contan que Dª Basilisa sufriu unha grave enfermidade, que os médicos non lograban curar. Entón encomendouse á Virxe Milagrosa, facendo a Novena e recibindo con devoción a Medalla da Virxe. Conseguiu curarse de todo, atribuíndo a súa curación a un milagre da Milagrosa.
En agradecemento foi cando decidiu o matrimonio construír a Capela e o Colexio anexo á vivenda (que comunicaba coa Capela), destinándose a Colexio e residencia das Relixiosas Dominicas da Anunciata. As monxas eran as que se encargaban de impartir a ensinanza e tamén a educación relixiosa e formación humana.
Deste xeito, no ano 1912 inaugurouse a Capela, e en 1924 rematáronse as obras do Covento-Colexio.
As alas dereita e posterior do edificio dedicáronse a convento de clausura e colexio; e a ala anterior a vivenda dos Sánchez Rodríguez.
Se a isto se engaden as obras de caridade e penitencia, compréndese perfectamente que o recordo dos fundadores e creadores da Capela da Milagrosa permaneza tan vivo, tanto no barrio coma no resto da Vila de Carballo.
D.Ramón y Dª Basilisa dedicaron moito esforzo e preocupación, así como gran parte do seu patrimonio a que no Covento-Colegio se dese educación cristiá aos nenos e que na Capela se celebrase culto, para o que conseguiron que viñesen a residir as Relixiosas Dominicas da Anunciata. Foron ao longo dos anos moitas persoas as que aprenderon a ler e escribir, y ademais recibiron unha formación cultural, musical e artística, xa que a parte da formación en idade escolar, tamén se impartían clases de labores, música, pintura e convivencia. A “Madre Monserrat” ou a “Madre Matilde” aínda son recordadas polas clases de piano que impartían.
A recoñecida pintora Antoñita Villaverde Pumar, que fue alumna deste Colexio da Milagrosa ata os 17 anos, refire que a Irmá Guillermina Grey, filla de pai inglés e nai arxentina, foi profesora súa. Di Antoñita que ”A tódolos maiores ensinounos o que esixían para Bacharelato, e como debuxaba moi ben facíanos debuxar do natural. Foi a que nos ensinou a pintar á acuarela, e animoume a dedicarme á pintura, que foi a miña profesión”.
Durante a República pechou o Colexio, ao marchar as monxas. Despois continuou unha profesora de Santiago dando clases, tras a Guerra Civil volveron as Relixiosas por una temporada.
D.Ramón Sánchez García morreu en Carballo o 1 de xaneiro de 1941, deixando no testamento disposta unha dotación económica para o funcionamento e atención da Capela da Milagrosa.
En agosto de 1941, o convento e a capela pasaron a ser propiedade dos esposos D. Manuel Peregil Pérez e Dª María Cambón Sánchez.
Dª Basilisa faleceu en Carballo o 21 de Setembro de 1956.
Durante todos estes anos, por un acordo entre a familia propietaria e o Arcebispado de Santiago de Compostela, a Capela estivo aberta ao culto, destacando como actos relixiosos a Novena á Milagrosa e a súa festa, que se celebra o primeiro domingo de Setembro.
O 13 de xaneiro de 2010 transmitiuse a propiedade da Capela e do edificio anexo en ruínas á Parroquia de San Xoán Bautista de Carballo.
Con motivo do Centenario estase preparando a Coroación canónica da Imaxe da Virxe Milagrosa que se fará o 3 de setembro do 2012. O 4 de setembro do presente ano 2011 dará comezo o Ano Xubilar Mariano que o Vaticano concedeu con motivo do Centenario.
Nestes momentos estase a rehabilitar o edificio, para destinalo a unha Obra social de Acollida a mulleres maltratadas, ás nais que non queiran abortar, etc., que será dirixida polas Fillas da Caridade.


ESCOLAS DE BALONMAN XIRIA
As Escolas Balonmán Xiria son froito de moitos anos de traballo por parte dun conxunto de persoas ligadas ao deporte no Concello de Carballo. Para entender cal é a importancia das mesmas dentro da comarca de Bergantiños, e xa na Provincia da Coruña, é preciso coñecer brevemente a historia das mesmas, que se inicia dentro do seo da Asociación Deportiva Xiria, creada en 1983 (galardoada como Bergantiñán do Ano 1990).
Nos primeiros anos de Xiria o nivel de esixencia tanto organizativo coma orzamentario estaba perfectamente cuberto. Pero ao medrar o número de equipos así coma o cada vez maior nivel deportivo supuxo un aumento progresivo dos orzamentos, sendo esta a principal razón para que nun momento determinado se tornase necesaria unha separación clara das partidas económicas de cada unha das seccións, chegándose a un punto no que cada unha delas debería regular e responsabilizarse de xeito diferenciado. Dunha forma clara a partir dese momento o nivel deportivo e a implantación na sociedade bergantiñá aumentou ata levar á Asociación no momento actual a ser o referente máis importante a nivel deportivo da nosa comarca.
No ano 2006 “bautízase” á sección de balonmán coma ESCOLAS BALONMÁN XIRIA, sendo en todos os aspectos a continuidade de dita sección e asumindo todos e cada un dos seus retos, tanto en aspectos sociais, deportivos, organizativos e económicos.
Os fins das ESCOLAS BALONMÁN XIRIA, como non podía ser doutro xeito, son a promoción do deporte. E isto vese reflexado no número de rapazas e rapaces practicantes da disciplina do balonmán e de persoas implicadas no funcionamento das ESCOLAS, que día a día continúa crecendo.

Na actualidade a estratexia deportiva marcada dende o seu inicio permite que o equipo Senior, subcampión na presente tempada do seu grupo de 1ª Estatal (terceira categoría do balonmán español), estea composto nun 95% por xogadores nacidos en Carballo e criados no seu seo. Non se pode obviar que para acadar este obxectivo ás veces se teñen que sacrificar logros deportivos que poderían ser considerados dende outros puntos de vista máis vistosos pero polos que hai que agardar o tempo necesario en aras de manter o espírito primixenio do clube.
Tampouco se escatiman medios para que deportistas que amosen un nivel sobresaínte poidan ter unha opción de futuro consolidada. Con ese fin en decembro de 2010 firmouse un convenio con Club Ademar de León, para ter un acceso a elite de xeito controlado e con grandes beneficios para os posibles usuarios.
No eido social o traballo desenvolto dende as Escolas Balonmán Xiria é recoñecido dende diferentes entidades. Pódese citar o Convenio de Colaboración coa Cruz Vermella e a colaboración anual coa Asociación Antidroga Vieiro coma dous dos puntos máis importantes. Tampouco se pode esquecer a labor de inserción social que se leva a cabo a través das Escolas de Verán, dezasete edicións xa celebradas, e que solidariamente co departamento de Servizos Sociais do Concello de Carballo permite que nenas e nenos en risco de exclusión social teñan as mesmas oportunidades de ocupación do tempo de lecer que os seus compañeiros. Unha iniciativa que crece ano tras anos e que na derradeira edición contou cunha participación de 225 persoas.
Os logros deportivos das Escolas Balonmán Xiria son innumerables. Pero facendo un percorrido pola historia, cabe destacar:
• No ano 1994 celébrase a 1ª Escola de Verán.
• Nas Tempadas 1998/1999 e 1999/2000 foi Campión Liga 2ª Nacional, disputándose a Fase de Ascenso a 1ª Nacional en Carballo.
• En maio de 2000 ascende a 1ª Nacional.
• En 2002 a Federación Galega de Balonmán outorga o Premio de Mellor Clube de Galicia á Sección de Balonmán da A. D. Xiria polos resultados dos seus equipos.
• Na tempada 2001/2002, acada os Subcampionatos Galego Infantil e Galego Cadete.
• En 2003 é Campión Galego Cadete; e ao ano seguinte Campión Galego Xuvenil.
• En Maio de 2004 o Equipo Xuvenil Masculino acada o 7º posto no Campionato España.
• Na Tempada 2005/2006 logra o Subcampionato Galego Xuvenil-Masculino.
• En 2008 son Subcampións da 2ª División Nacional.
• En Maio de 2008 consíguese o ascenso a 1ª División Nacional en Oviedo cun equipo formado maioritariamente por rapaces de Carballo.
• No ano 2009 concédeselle o Premio ao mellor Clube de Galicia, outorgado pola Federación Galega de Balonmán pola traxectoria e o proxecto de Escolas Balonmán Xiria.
• Na Tempada 2010/2011 son Campións Galegos Cadetes. Tamén son segundos na Liga de 1ª División Nacional, participando na Fase Final Ascenso a División de Honra Prata, cun equipo formado con dezaseis rapaces saídos das categorías base das Escolas Balonmán Xiria.
Poderíanse engadir unha longa lista de campionatos provincias en todas as categorías do balonmán. Pero se hai algo do que sinta orgullo as Escolas Balonmán Xiria é do apoio de nenas, nenos, nais, pais, empresas e institucións que confían no bo facer do clube. E no Carballés do Ano 2010 depositan a súa total confianza ano tras ano coa seguridade de compartir un proxecto común, non só no eido deportivo senón tamén no social, tendo a seguridade que todo o traballo desenvolvido dende as Escolas Balonmán Xiria é para o crecemento deportivo do Concello de Carballo, e por ende, dos seus habitantes.


BERGANTIÑAN DO ANO:

OLEIROS DE BUÑO

A primeira formación coñecida que traballou en prol dos intereses oleiros foi a “Sociedad Católico-Obrera del Gremio de Alfareros “. 0 6 de decembro de 1929, o presidente, Manuel López Varela, e o secretario, E. Suárez, asinaron o seu regulamento. Tratábase dunha asociación apolítica, na que todos os seus socios debían pertencer á rama da olería e abonar unha cuota mensual de 25 céntimos. Tiña por obxectivo contribuír ao desenvolvemento artístico, intelectual e moral dos seus asociados.
En 1969 creouse o “Gremio Sindical Artesano de Alfareros de Buño”. 28 oleiros asinaron o acta de constitución, con Manuel Nieto como Mestre Maior e José María Caamaño González como Síndico. A importancia deste artesanado fora decaendo e o obxectivo do Gremio era renovar e dar novo realce a dita profesión. Do 15 ao 30 de Setembro dese mesmo ano celebraron a “1 Exposición de Artesanía Alfarera de Buño”, na “Casa de la Cultura” da Coruña, e solicitaron no concello a creación dunha escola rural de artesanía.
En 1979 naceu a Asociación Fumeiro, presidida por José Antonio López Villar e José Antonio Añón Lista ao longo dos seus 13 anos de actividade (1979-1992). O seu obxectivo primordial foi protexer a continuidade da olería de Buño. Naquel mesmo ano celébrase a 1ª Mostra de Olería, e en anos posteriores organizaría nove máis.
En 1997 xurdiu a Asociación Oleira de Buño, e dous anos despois recolle oficialmente o legado do “Gremio Sindical Artesano de Alfareros de Buño”. Ademais da celebración das últimas 15 edicións da Mostra de Olería (este ano 2011 celébrase a XXVIII edición), destaca a súa presenza noutros importantes eventos coma a “1ª Cumbre de Artesanos de Europa y América Latina” en 1998, a “Semana Verde de Silleda”, “Fitur” 2006 e 2008, “Feria Internacional de Lugano” 2009, a “Feira do Noroeste”, “lntergift”, “Manual Show” (Madrid, feira de manualidades) ou a “Feira do Encaixe de Camariñas” desde 1998 ata hoxe en día (15 anos).
Coa Asociación Oleira chegou a creación da imaxe corporativa “Olería de Buño”, que dende --1999-- ven sendo o distintivo da orixe e calidade das pezas destes artesáns, tralo acordo de colaboración Concello de Malpica-IGAPE. Ademais dos logotipos da Olería de Buño, deséñanse caixas, bolsas e papel que unifican a imaxe corporativa do centro oleiro.
Outro feito significativo foi a posta en marcha da páxina web da Mostra de Olería de Buño en 1999
Participa en publicacións como o Catálogo “Olería de Buño” (2007) “Olería de Buño, unha tradición milenaria” (2008), audiovisual “Cocedura Tradicional” (2010), colabora na “Memoria do Artesán en Imaxes. Centro Oleiro de Buño” (1997) ou nas actividades do XIV Congreso de Ceramoloxía.
Colabora co Ecomuseo dende 1999, participando na realización das 12 Coceduras Tradicionais organizadas ata o de agora.
En 2007 recibiu, xunto co Ecomuseo Forno do Forte, o premio Pedra do Destino, premio que concede a Asociación Amigos dos Museos dirixida por Felipe Senén, pola salvagarda da longa tradición oleira.
Organizadora de cursos formativos para oleiros, como o de aplicación de esmaltes, escaiola ou modelaxe, da efectiva xestión das relacións con organismos, institucións e administracións, sobresae o convenio de financiamento da mostra coa Deputación da Coruña, firmado en 2004, e os Cursos de Olería en 2010 e 2011 coa Xunta de Galicia.
A olería de Buño alcanzou o cénit coa “Medalla de Oro de Bellas Artes” por parte do Ministerio de Cultura. Estas medallas distinguen ás persoas e entidades que teñan destacado no campo da creación artística e cultural ou teñan prestado notorios servizos no fomento, desenvolvemento ou difusión da arte e a cultura, ou na conservación do patrimonio artístico.
Esta dilatada traxectoria é o resultado da longa tradición dos Oleiros de Buño, que non só mantiveron o centro oleiro nesta localidade, senón que exportaron o seu saber facer a outros lugares, deixando unha pegada ben recoñecible na tradición oleira de pobos tan significativos como o centro oleiro de Bonxe (Lugo) ou o desaparecido centro oleiro de Betanzos, ou na tamén desaparecida fábrica de cerámica de A Guarda. Cando tiveron que emigrar levaron a arte de Buño creando obradoiros en lugares tan lonxanos como Canarias ou Sudamérica. Na actualidade, ademais de en Buño, descendentes de oleiros de aquí teñen obradoiros activos en Salvaterra e Ames, onde manteñen unha clara conexión coas súas orixes.
A cerámica de Buño chega a todos lados, vendéndose por toda España e no estranxeiro, chegando a lugares tan distantes como Xapón.

GALEGO DO ANO:

FUNDACION CASTELAO
A Fundación Castelao fundouse o 31 de decembro de 1984, ano en que retornaron os restos mortais de Castelao a Galicia.
É unha institución de carácter privado, e totalmente independente, que traballa en prol da cultura galega.
A Fundación foi creada por un grupo de amigos que se reuniron para gardar fidelidade á obra de Castelao e evitar que o seu nome fose manipulado. O seu primeiro presidente foi Ramón Martínez López, e Avelino Pousa Antelo o secretario. Teresa Rodríguez Castelao, irmá do insigne galego foi presidenta de honra ata a súa morte.
O seu fin é o de estimular e favorecer a cultura galega en xeral e, en particular, o fomento das artes plásticas, etnografía, socioloxía, economía e política galegas, narrativa e teatro, campos en que tanto se distinguiu o xenio de Castelao.
Esta entidade naceu coas modestas aportacións feitas polos membros fundadores, pero cunha grande ilusión de traballo para honrar a memoria e divulgar a obra de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Na actualidade, a súa economía nútrese das cotas que aportan os seus asociados e de subvencións das distintas Administracións públicas.
A Fundación Castelao ten a súa sede nun modesto local da compostelá Rúa do Hórreo e está presidida polo intelectual Avelino Pousa Antelo, destacado mestre rural e propulsor do cooperativismo en Galicia, sendo á súa vez vicepresidente da Fundación Fernández Flórez e vocal das fundacións Pedrón de Ouro e Alexandre Bóveda. Asi mesmo, Miguel
Anxo Seixo Seoane é o vicepresidente desta fundación encargada de difundir a obra do ilustre rianxeiro.
A Avelino Pousa Antelo cambioulle a vida un 10 de maio de 1931, cando con “dezasete iluminados anos e sendo alumno da Universidade Pontificia de Compostela» escoitou falar por primeira vez a Castelao. Setenta anos despois, dirixe unha fundación que traballa, día a día, por manter acesa a memoria do que foi o personaxe máis egrexio da Galicia do século XX.
Segundo Avelino, que é unha das tres persoas que vive e que coñeceu ao autor de “Sempre en Galiza”, Castelao foi o arquetipo da galeguidade; posuíu a ética dun home galego entregado á súa terra enteiramente. En Galicia puido haber mellores políticos, oradores ou artistas pero Castelao foi o guieiro. Castelao ten unha personalidade exemplar, unha conducta humana que sempre será modélica para os galegos de calquera tempo e lugar.
Esta entidade galeguista traballa para gardar e espallar a memoria, a vida e a obra do Daniel Castelao poliédrico e enteiro -artista, escritor, pai do nacionalismo galego contemporáneo, humanista, político-.
A Fundación, que considera o legado de Castelao como 'parte do patrimonio galego', ten un destacado papel na promoción da cultura galega a través do fomento de estudos e publicacións nos eidos máis diversos e da promoción das artes plásticas, o teatro e outras moitas manifestacións artísticas. A fundación edita, entre outras publicacións, os Cadernos Castelao coordinados por Henrique Monteagudo. Ademais, entre os últimos libros editados pola Fundación Castelao, pódese destacar, por exemplo, “Castelao corenta anos despois (1.950-1990)”
No ano 2000, no cincuenta cabodano da morte de Castelao, acadaron logros moi difíciles, como a edición das obras completas na editorial Galaxia, con axuda da Xunta de Galicia e da Fundación Caixa Galicia; ou a exposición da obra gráfica e pictórica, que custou máis de 180.000 euros.
En xaneiro de 2010, a Fundación Castelao pon fin a 25 anos de esforzo para reunir a obra do literato rianxeiro coa presentación dun catálogo coa inxente creación deste intelectual.
A catalogación das creacións de Castelao, que reúne dende ilustracións a lenzos, libros ou discursos, inclúe preto de 3.800 obras e custou cinco lustros que finalmente vira a luz. O coordinador do proxecto, Miguel Anxo Seixo Seoane, fai constar que se logrou recompilar case o 100% da obra de Castelao, a pesar de que foi ilustrador, político e escritor e que ademais tivo que pasar polo exilio. Todo o catálogo da vida e obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao está dixitalizado e pasará a ser un patrimonio accesible a todo o mundo, servindo deste xeito para tender unha ponte entre a memoria histórica e o presente.
A posta en marcha do primeiro museo virtual de Galicia, destinado á figura de Castelao, tamén servirá para que os cidadáns poidan ter acceso e profundizar na ampla e diversa obra do máis ilustre dos nosos persoeiros, xa que Castelao foi un dos artífices da chegada da modernidade á identidade cultural de Galicia, e a súa figura non só debería ser unha referencia para os galegos, senón tamén parte do patrimonio universal.

FELICITACIONS A TODOS OS PREMIADOS.

.



xoves, 13 de decembro de 2001

Muy buenas formas


CARBALLO

Muy buenas formas

GENTES DEL FINISTERRE

13 diciembre 2001

OTROS QUE se reúnen son los del Patronato de los Premios Carballés, Bergantiñán e Galego do Ano, que se creó el año pasado. La entidad ha vuelto al trabajo para elegir, de nuevo, a los candidatos para el 2001.
En la primera asamblea participaron varios miembros del consejo asesor, en el que figuran medios de comunicación e instituciones públicas principalmente, coordinados por Xosé María Arán Rodríguez y Pedro Luis Fernández Pombo. En la próxima reunión, prevista para el 12 de enero, el consejo asesor ya presentará su lista de candidatos. La principal novedad de este año es que el Patronato ha cambiado su denominación; ahora se llama Padroado Fogar de Bergantiños.

LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general. M de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.CIF: A 15000649

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España) RM de A Coruña: tomo 2413, folio 84, hoja C-12502. CIF: B-15.482.177

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...