xoves, 22 de agosto de 2019

ALFREDO BRAÑAS MENENDEZ, edición do Rexionalismo en Galego




A Asociación Cultural "Alfredo Brañas" de Carballo acaba de editar  ca Deputación Provincial da Coruña O REXIONALISMO en  Galego

por: X.M.Arán.-

Por iniciativa dá Asociación Cultural "Alfredo Brañas" de Carballo acaba de editarse co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña “O  REXIONALISMO,  Estudo  socioloxico, histórico e  literario” de D. Alfredo José Francisco Higinio Brañas  Menéndez, nado en Carballo o 11 de  xaneiro de 1859 e finado en Santiago de Compostela o 21 de  febreiro de 1900,  foi un escritor e ideólogo  do  Rexionalismo  Galego  decimonónico.  Fillo predilecto de Carballo. 

O ORIXINAL

A primeira edición do Rexionalismo  foi publicada en 1889 en Barcelona, "El Regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario”, que foi aceptado por todos os sectores do galeguismo como un referente. A obra tamén obtivo gran repercusión entre o rexionalismo catalán".

REEDICION FACSIMIL

Temos que apuntar que no ano 1982 presentouse en carballo unha reedición facsímile "El Regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario” editada polo Centro Cultural “Alfredo Brañas” de Carballo, para sumarse a homenaxe que a vila de carballo lle rendiu o seu fillo predilecto.

Tiña a publicación a maiores do contido  orixinal  o prólogo de D. Ramón Piñeiro López, (Láncara, 1915–Santiago 1990) filósofo,  ensaísta e político  galego, un dous  principais artífices dá  reconstrución cultural  galega  na posguerra e fundador dá Editorial Galaxia. + INFO

Continuando co texto orixinal “O Rexionalismo”.

O volume é dun formato de 20x14 e consta de 376 páxinas, foi editado polo Centro Cultural “Alfredo Brañas”, de Carballo e impreso nos talleres dá Voz de Galicia, S.A.  na Coruña co I. S. B. N. 84-600-2602-7 e Depósito legal:  C-197-1982, sendo unha edición non venal.

A EDICION EN GALEGO

Esta nova publicación a iniciativa dá Asociación Cultural "Alfredo Brañas" de Carballo ca colaboración da Deputación Provincial da Coruña empeza co saudo preceptivo do Presidente dá Deputación, D. Valentín González Formoso, (As Pontes, 1971). + Info

Continua co prólogo, do ben querido e admirado por estas terras, D. Xosé Ramón Barreiro Fernández, (Ribeira 1936), Catedrático Emérito dá Universidade de Santiago de Compostela, historiador, escritor e especialista en Historia Contemporánea, foi o Presidente dá Real Académia Galega entre 2001 e 2009. é Membro dá Real Académia Galega na actualidade. + Info 

A tradución o galego do rexionalismo foi realizada por D. Antonio Pichel Lorenzo (Carballo,1951). Licenciado en Filoloxía Románica e Catedrático de francés.

O limiar e unha reproducción do libro orixinal de D. Juan Barcia Caballero (1852-1926) Médico, escritor, xornalista e político rexionalista, que o escribiu no ano 1889, data na que se publicou o libro en castelán por primeira vez. + Info

Continuando co texto orixinario de “O Rexionalismo”.

O volume é dun formato de 24x17 e consta de 262 páxinas,  foi editado  pola  Deputación Provincial dá Coruña e impreso nos talleres dá Imprenta Provincial no Centro Calvo Sotelo dá Coruña  co  DC  C 1309-2019,  sendo  unha edición  non  venal.

Comentarios sobre libro:
Xose Pumar Gándara: + info

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...