venres, 13 de decembro de 2019

Carballo solidario

Por Redacción -13 Decembro 2019


Por: Xosé María Arán Rodríguez (Axente Social).
O CONCELLO DE CARBALLO COMPROMÉTESE A FACER UN EDIFICIO PARA AS ENTIDADES SOCIAIS DE CARBALLO.
Unha vella demanda do movemento social carballés empeza a tomar forma, antes das eleccións locais o BNG con Evencio Ferrero, Maica Ures e Xosé Regueira, reuniuse na sede dos compañeiros de APEM, para ver entre todos as necesidades dos diferentes colectivos que se adican a prestar servizos sociais no Concello de Carballo. Desta  xuntanza quedou claro que dous temas tiñan que ser de urxente concreción, un primeiro a necesidade dos compañeiros de Afaber de poder dispoñer dun local axeitado, como entidades solidarias entendemos que eles tiñan preferencia e así o manifestamos ante outras demandas, tamén trasladar as necesidades das entidades que non dispoñían de locais ou que estaban en precario, para que se contemplase a posibilidade de crear un espazo no que todos tivésemos cabida.
Nesta xuntanza, ca complexidade de Xosé Regueira e dos demáis  membros do BNG, entendemos que esta aposta non tiña porque ser un proxecto de moi longo percorrido, así expuxéronse os posibles  emplazamentos, que desde a visión de Vieiro tiñan que pasar por un  novo aproveitamento dun espazo caduco e con moitas posibilidades como é a localización actual das vivendas dous profesores na rúa Vazquez de Parga; estas foran desafectadas e pasaran a propiedade do Concello, pola cercanía e estar nunha zona de servizos sanitarios pensamos que podía ser a zona axeitada.
A estratexia foi a posibilidade da súa demolición por estar nun deterioro constante e ademáis con perigo para os bens dos que alí estamos e sobre todo das persoas que alí acceden; hoxe en día non ten sentido a súa rehabilitación por non ser edificios significativos,  máis ben todo o contrario: falta de accesibilidade, deficiencias en instalación de luz e auga, cubertas en mal estado, danos estructurais…
DA ASPIRACIóN A CONCRECIóN
Chegan datas de Nadal e as ilusións tamén se cumpren, depois de pedir ano a ano este desexo ao final cúmprese co compromiso de que nesta lexisladura estea rematado.
Cun Goberno xa en acción, o gran proxecto no cal a administración local e as entidades sociais do terceiro sector, farán realidade unha  vella demanda de situar nun gran espazo público os servizos que prestan.
Carballo contará cun complexo adicado as actividades socias das entidades privadas e da administración que prestan os seus servizos non ámbito social que será de referencia.
Coma sempre hai que priorizar as necesidades e neste momento toca investir neste proxecto, o dun espazo de solidaridade para a prestación de servizos dos diferentes colectivos, nunhas condicións dignas e acordes os tempos actuais e a vez pensando no futuro e optimizando os recursos e espazos en común.
OS PASOS A  VIR
Co acordo do movemento social e do Concello, toca agora que os diferentes colectivos traslademos as necesidade tanto de espazo como de operatividade, de particularidades de cada un e as normativas que apliquen, para que este edificio cumpra coas necesidades de todos cando se redacte o proxecto. Outra parte e a administrativa e burocrática que nos gustaría que fora rápida no tempo, pero xa se sabe que nesto os tempos son os que son.
UN PROXECTO EN COMÚN
Aviso a navegantes, agardamos que o que levou tempo concretar e foi apoiado pola totalidade do movemento asociativo do terceiro sector,  non se vexa embazado con discusión e comunicados que  non levan a ningures e moito menos dos que teñen a función de representarnos politicamente no Concello.
Esta é unha demanda do pobo que o actual Goberno se compromete a executar e como se di “a Deus o de Deus e ao César o do César” non hai máis protagonistas neste tema que as entidades e a  veciñanza que se vai beneficiar deste proxecto. O demáis serán comentarios estériles que non imos permitir, porque levamos moito  traballado por este e outros temas. O que si que hai que dicir porque non sería xusto e transmitir a disposición do actual Goberno por  levar adiante o proxecto, xa que o investimento vai ser cuantioso, pero tamén que será devolto con intereses polos servizos que imos prestar a veciñanza todos os que alí desenvolvamos as nosas actividades.
Xosé María Arán Rodríguez (Axente Social).

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...