Unha vella demanda do
movemento social carballes empeza a tomar forma, antes dás eleccións
locais o BNG con Evencio Ferrero,
Maica Ures e Xosé Regueira, reuniuse
na sede dos compañeiros de APEM,
para ver entre todos as necesidades dos
diferentes colectivos que se adican a
prestar servizos sociais no concello de carballo. Desta
xuntanza quedou claro que dous temas tiñan que ser de urxente concreción, un primeiro a
necesidade dos compañeiros
de Afaber de poder dispoñer
dun local axeitado, como
entidades solidarias entendemos que eles
tiñan preferencia e asi o manifestamos ante outras demandas, tamén trasladar as necesidades dás entidades que non
dispoñían de locais ou que
estaban en precario, para que se contemplase a
posibilidade de crear un espazo
no que todos tiveramos cabida.
Nesta xuntanza ca complicidade de Xosé Regueira e os
demáis membros do BNG, entendemos que esta aposta
non tiña porque ser un proxecto
de moi
longo percorrido, así expuxeronse os posibles emplazamentos, que desde a visión de Vieiro tiñan que pasar por un novo
aproveitamento dun espazo caduco e con moitas posibilidades como é a
localización actual dás vivendas dous
profesores na rúa vazquez de parga; estas
foran desafectadas e pasaran
a propiedade do
concello, pola cercania e estar nunha zona de
servizos sanitarios pensamos que podía ser a zona axeitada.
A estratexia foi
a posibilidade dá súa demolición por estar nun deterioro constante e ademáis con perigo para os bens dos que
alí estamos e sobre todo dás
persoas que alí acceden; hoxe en
día non ten sentido a súa rehabilitación por non ser edificios
significativos, máis ben todo o contrario: falta de accesibilidade, deficiencias en instalación
de luz e auga, cubertas en mal estado, danos estructurais ....
DÁ ASPIRACION A CONCRECION
Chegan datas de nadal e as ilusións tamén cúmprense, depois
de pedir ano a ano este desexo o final se cumpre co compromiso de que nesta
lexisladura este rematado.
Cun goberno xa en acción, o gran proxecto no cal a administración local e as entidades
sociais do terceiro sector, faran
realidade unha vella demanda de situar nun gran
espazo público os servizos que
prestan.
Carballo contará cun complexo adicado as actividades socias
dás entidades privadas e dá administración que prestan os seus servizos no ámbito social que será de
referencia.
Coma sempre hai que priorizar as necesidades e neste momento
toca investir neste proxecto, un espazo de solidaridade para a prestación de
servizos dos diferentes colectivos,
nunhas condicións dignas e
acordes os tempos actuais e a vez
pensando no futuro e optimizando os recursos deste complexo en común.
OS PASOS A VIR
Co acordo do
movemento social e do concello, toca agora que os diferentes colectivos
traslademos as necesidades tanto de espazo como de operativa, as particularidades
de cada un e as normativas que apliquen,
para que este edificio sexa unha ferramenta de todos cando redáctese o proxecto.
Outra parte e a administrativa e burocrática que nos gustaría que fora
rápida no tempo, pero xa sábese que nesto os tempos son os que son.
UN PROXECTO EN COMUN
Aviso a navegantes, agardamos que o que levou tempo
concretar e foi apoiado pola
totalidade do movemento asociativo do
terceiro sector, non se vexa embarrado con discusión e comunicados que non
levan a ningures e moito menos dos que teñen a función de representarnos
politicamente no concello.
Este é unha demanda do povo que o actual goberno
comprométese a executar e como se di “a deus o de deus e o cesar o do cesar”
non hai
máis protagonistas neste tema
que as entidades e a veciñanza que se vai beneficiar deste
proxecto. O demáis seran
comentarios esteriles que non imos permitir, porque levamos
moito traballado por este e
outros temas. O que se que hai que dicir porque non sería xusto e transmitir a
disposición do actual goberno por
levar adiante o proxecto,
xa que o investimento vai ser
cuantioso, pero tamén que será devolto con intereses polos servizos que imos prestar a veciñanza todos os que ali desenvolvamos as
nosas actividades.
Xosé María Arán Rodriguez ( Axente Social).
FUENTE: La Voz de Galicia
FUENTE: Concello de Carballo
FUENTE: NH Diario
FOTOS: Estado actual externo das vivendas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario