sábado, 30 de maio de 2015

A Laracha e Carballo «ab initio»


«Volvo coa mesma humildade e co corazón de neno para o rural do que procedo»


Xosé María Arán.    Carballo / La Voz, 31 de mayo de 2015. Actualizado a las 05:00 h.





O significado desta imaxe de Xosé María Arán. 1. Quere transmitir que se trata dun cruce de camiños: o que vén da Laracha, o que vai para Carballo e, finalmente, o que vai para Berdillo (Verdillo), o lugar a onde irá a vivir en breve. 2. A sinal de «V» vén á conta de que a xente desta localidade non ten en conta o topónimo Berdillo, senón que o escribe con V, que é o que reivindica a imaxe. 3. A cazadora verde simboliza o verde esperanza neste núcleo, e son tamén as cores corporativas de entidades como o centro social, Vieiro... 4. Para rematar, é un recuncho do rural que reivindica.

Segundo me comentou Blandina Rodríguez (a miña nai), foi alá polo mes de outubro de 1964 e ás tres da tarde cando, despois de moitas horas de contraccións e de romper augas -menos bravas, pero seguro que máis turbias cas do Anllóns que unen as dúas terras dá miña vida- cando nacía o que escribe no lugar do Iglesario de Golmar, na Laracha, en plena cama da casa dos meus avós maternos, un parto á vella usanza, e despois posto sobre a hucha de madeira. Alí, o meu tío Ramiro Rodríguez procedía a atarme o cordón do embigo para darme saída a miña primeira independencia, pero baixo a tutela do meu lembrado pai, Luís Arán Eirín.

Pero son anos de oportunidades e meus pais, coma outros moitos, emigran á Alemaña dos substanciosos «marcos». Non me refiro aos das leiras, que destes si tiñamos e temos dabondo, senón aos das fermosas divisas que enriqueceron Galicia e España. Son tres anos suplidos co agarimo dos meus avós maternos Rafael Rodríguez, O Manco, e María García, que sempre me levaban de visita a Carballo á rúa do Sol, onde se atopaba o meu irmán Luís. Vivía na casa do meu avó paterno, José María Arán España. Por estas datas xa morrera a miña avoa María Eirín. Aos tres anos volve miña nai e co meu irmán estreamos a nova casa en Carballo, na que é hoxe a rúa Portugal, e onde estivera moitos anos a fábrica de madeira do Portugués. Alí, nesta rúa pertencente ao barrio da ghoubea tiven o epicentro para descubrir o Carballo máis humano, ese que empezaba a recibir grandes zarpazos construtivos de feísmo e especulación. Xa deixara de ser o modelo urbanístico que comentara Carrera Aldao, pero aínda conservaba zonas do vello Carballo por onde xogabamos, como a vella igrexa, o concello en fronte á librería de San Ramón, o paseo dos Baños Vellos coas súas arbores e a decadencia xa da Casa da Condesa... Tempos aqueles nos que as rúas foron nosas (co permiso de don Manuel Fraga, que Deus o teña na Gloria). Tempos de estudar parvuliños no colexio das monxas, pasando despois pola Escuela Hogar Francisco Franco, o Alfredo Brañas de Carballo, para rematar na Coruña no centro Calvo Sotelo, e posteriormente comezar o periplo profesional, primeiro nove anos no exército e despois, ata hoxe, no Grupo Calvo. Pero a semente da participación social débolla ao Fogar da Xuventude e á parroquia de Carballo, punto de partida da miña aprendizaxe con 14 anos e a posterior colaboración no mundo asociativo, cultural, educativo e social de Carballo ata hoxe en día (que sería para outro capítulo). Co saber do amigo José García, párroco carballés, así como de todos aqueles dos que aprendín tanto e como non do meu compadre Pedro Luís Fernández (o ghaiteiro), sen esquecer os que finaron, Eirís, Marino, Balboa...

O gran proxecto da miña vida.
A familia foi e é cada vez máis o meu gran proxecto. Quen ía dicir que sería Salamanca xermolo do matrimonio cunha fermosa rapaza das Labradas, Amparo, e que apontoamos coa primeira pedra coa nosa filla Iria e despois con Andrea, sen esquecerme da nosa cadela Nala. Xa vedes, rodeado totalmente do sexo feminino. Despois de formar o noso fogar no barrio da Casilla durante dezasete anos, estamos a piques de ir vivir para a nosa casa da parroquia de Verdillo. Póñoo con V a pesar do topónimo, porque hai que entrar con bo pé. Despois de medio século volvo coa mesma humildade e co corazón de neno para o rural do que procedo e me sinto tan orgulloso.


DNI.

Naceu no 1964. Encargado industrial en Conservas Calvo, é membro e fundador de numerosas entidades, unha lista tan grande que sería imposible de facer coller nunhas cantas liñas. El mesmo dá conta dalgunhas delas neste texto.

De moi neno. Esta fotografía da esquerda foi feita en Golmar (A Laracha). Nela, Xosé María Arán está no colo da súa nai. O outro neno é o seu irmán.

venres, 22 de maio de 2015

DANDO UN "TOUR ELECTORAL" POR CARBALLO

TERRA GALEGA
























PARTIDO POPULAR







 



                                             PSG-PSOE






       





                           BLOQUE NACIONALISTA GALEGO












SON CARBALLO











COMPROMISO POR GALICIA




mércores, 21 de xaneiro de 2015

Emotiva entrega de los premios del Padroado Fogar de bergantiños

El acto se convirtió en un homenaje a Ponte Balboa, fallecido el lunes


La ausencia de José Manuel Ponte Balboa, histórico integrante del Padroado Fogar de Bergantiños que falleció en días pasados, marcó ayer el arranque de la entrega de los premios anuales de la entidad, pero el recuerdo de su sonrisa y su vitalidad animó a los presentes a no renunciar al carácter festivo de la celebración. Así, tras las palabras en su recuerdo pronunciadas por Josefina Rey Baldomir, presidenta del Padroado, y por el alcalde carballés, Evencio Ferrero, y del minuto de silencio en su memoria, que concluyó con un sonora aplauso, el programa regresó a su cauce habitual para reconocer a las personas y los colectivos más destacados del año pasado.

El sacerdote José García Gondar, carballés ya de «adopción e de corazón», como él mismo se definió tras 42 años ejerciendo de párroco en la localidad, recibió de manos del regidor el galardón que certifica esa condición. Rey Baldomir entregó a Xosé Pumar Gándara el premio al bergantiñán por su promoción de los «más altos valores culturais e literarios», que fueron sobradamente demostrados por el sacerdote en sus palabras de agradecimiento posteriores, y María Dolores Baluja Rozas recogió en nombre de los vecinos de Angrois el premio al gallego del año por su labor de auxilio a las víctimas del accidente del Alvia. La entrega la hizo el director xeral de Relacións Institucionais de la Xunta, Gonzalo Ordóñez Puime. Ese galardón fue compartido con el triatleta Javier Gómez Noya, ausente en el acto de ayer, pero que a través de una misiva se comprometió a visitar Carballo en el futuro para recoger un galardón que, según explicó, es un «honor y un orgullo». De forma simbólica, el vicepresidente segundo de la Diputación, Antonio Cañas Varela, hizo entrega de ese premio a Xosé María Arán, vicepresidente del patronato.

luns, 19 de xaneiro de 2015

El Dr. Mariño entra en el Patronato de la Fundación Centro Oncológico de Galicia


Tras muchos años de dedicación desinteresada, participando en el Patronato de la Fundación Centro Oncológico de Galicia, D. Alberto Martínez decidió dejar el cargo de vicepresidente. Queremos agradecer el encomiable esfuerzo que durante todos estos años dedicó a esta institución.

En la reunión del Patronato celebrada a finales del 2014 se acordó el nombramiento de D. Fernando Cachafeiro Villaverde, Director Gerente del COG, como vicepresidente de la Fundación, además de incluir como nuevo vocal en el Patronato al Dr. D. Alfonso Mariño Cotelo, Jefe del Servicio de Oncología Radioterápica del COG, que también formará parte a partir de ahora de la Comisión Permanente.

Alfonso Mariño Cotelo

Los órganos rectores del Centro Oncológico de Galicia quedan constituidos de la siguiente manera:
http://www.cog.es/hospital/fundacin

venres, 19 de decembro de 2014

FELICES FESTAS

ALA POLO MES DE OUTUBRO A PATRONA E UNS AMIGOS (OS DA FOTO) FACIANME UNHA FESTA SORPRESA POLOS 50 ANOS , HOXE QUERO FACERTE PARTICIPE DESTE MOMENTO PORQUE XA SE SABE "QUE NON ESTAN TODOS OS QUE SON PERO SI SON TODOS OS QUE ESTAN".

GRAZAS E FELICES FESTAS.



martes, 8 de abril de 2014

A Reserva anuncia un concierto para este sábado sin resolver su cierre por ruidos

                  

El Ayuntamiento inspeccionará mañana el local y emitirá una resolución.


La gerencia de sala carballesa A Reserva anunció ayer en una red social un concierto para este sábado, a partir de las 23.00 horas, que se prolongará hasta las dos de la madrugada.
Así lo comunicó la dirección del local en su página de Facebook: «Volve á Reserva todo un referente no mundo do NeoFolk. A banda galaico-xermana Sangre de Muérdago ofrecerannos melancolía, natureza, amor, morriña, paixón e moito máis ca unha música sen amplificar. Só a base de instrumentos de corda, que inundarán os vosos corazóns. Antes ca eles estará M, un exmembro de INU, facendo country-folk».
Sin embargo, este anuncio se hace sin que nadie del Concello de Carballo ni de la Policía Local tenga constancia de un informe favorable para la reapertura del local, que fue cerrado a mediados de la semana pasada al detectar los agentes de la Policía Local y un empleado de la oficina técnica municipal niveles de ruido superiores a lo permitido en la normativa legal vigente. El Ayuntamiento prohibió a la gerencia organizar conciertos antes de que subsane estas deficiencias. De hecho, la sala tuvo que cancelar las actuaciones de dos grupos el pasado sábado por este motivo. Los concejales Xosé Regueira y Milagros Lantes no tenían ayer conocimiento ni notificación alguna favorables para el reinicio de la actividad musical en este establecimiento de la calle Desiderio Varela.
Temporal
Esta prohibición para ofrecer conciertos es en todo caso temporal, hasta que los titulares de A Reserva adecúen los equipos de música a los decibelios máximos exigidos por ley. Se trata, en definitiva, de colocar limitadores de ruido. En todo caso, será mañana cuando el Concello carballés decida si la sala A Reserva cumple, o no, con lo requerido, y por tanto puede dar conciertos en directo.

Fonte:  http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2014/04/08/reserva-anuncia-concierto-sabado-resolver-cierre-ruidos/0003_201404C8C5991.htm
 


La opinión del experto

O dereito é de todos


         
Está claro que nunha sociedade o que ten que prevalecer é o dereito duns e outros conforme ás regras que nos damos para convivir en harmonía. No tema que estamos a tratar dos establecementos de ocio está claro que o dereito que teñen os veciños que viven preto destes locais son os mesmos que os que teñen os empresarios a desenvolver a súa actividade.
 
Dito isto é para poder facer uso deles teñen a obriga e o deber de adaptarse á legalidade para salvagardar os seus dereitos. Se se incumpren por algunha parte pérdense estes dereitos.
 
O que ocorre é que moitas veces non existe este costume porque a propia Administración local mirou para outro lado e consentiu que pubs e outros locais de ocio incumprisen a normativa o que xera que os propios empresarios abusasen desta «falsa autorización» é como consecuencia incumpriron as normas na adecuación dos establecementos, o que lles leva a perder eses dereitos polas problemáticas creadas como os ruídos pero tamén outras actividades molestas na rúa, incumprimento de horarios...
 
Non debería ser noticia que o Concello estea a pechar establecementos ou sancionalos, xa que a calquera de nós se incumprimos as normas, sabemos que teremos unha multa ou un apercibimento.
 
De tódolos xeitos estes feitos son noticiables porque chaman a atención. Non se facían estas inspeccións coa normalidade que tería que ser habitual. O tema non ten máis percorrido que o de cumprir a lexislación por parte daqueles que a infrinxe e facela cumprir por aqueles que teñen a obriga de facelas cumprir. Non vou salientar esta actuación por parte da Administración local, porque é a súa obriga, a de garantir que se cumpran ás normas nestes e noutros asuntos para o beneficio de todos os veciños.

fontes: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2014/04/08/dereito-e/0003_201404C8C5992.htm





 

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...