xoves, 24 de marzo de 2011

MEDIDAS SANITARIAS FRONTE O TABAQUISMO, QUE SE DECIA E QUE E NA ACTUALIDADE

Está claro que este tema non deixou nin deixa indiferente a ninguén, sexa porque estar en contra ou a favor, desde a liberdade e ríspeto que teño polos fumadores, penso que están nun erro, non por cuestión de razón, senón por mor dunha adicción que os controla.
OS DATOS
Tendo en conta que en España cada 10 minutos morre unha persoa por causas directamente relacionadas co tabaco, ou sexa, 6 a hora, 150 o día, 1.050 a semana, 4.500 o mes e unhas 55.000 o ano.

Que o gasto diario de tabaco en España ascende a 24.040.050 €, isto significa que cada segundo o gasto é de 279 €.

Que de 70000 estudios científicos e numerosos informes emitidos polas axencias sanitarias de diversos países demostran o nocivo que é o tabaco, convertendo esta evidencia na máis documentada de toda a historia da medicina.

¿ Que fai falla para convencer o fumador?
SINDICATOS E PATRONAL
A Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) ten un punto de partida: A lei plantexa, na súa visión, inseguridade xurídica, xa que deixa nas súas mans a responsabilidade diante dos infractores e porque os fumadores pasivos poidan denunciar a actitude permisiva da empresa.

E os sindicatos máis do mesmo: Manifestan que producirá conflictividade laboral, tanto entre traballadores como nas súas relacións ca dirección, polo que UXT e CC OO demandarán as empresas pausas e tempos para que os seus empregados fumadores poidan prender os seus cigarros, ante a porta ou en espazos o aire libre, -si fose así, xa veremos quen fai uso deste dereito- e plans de deshabituación.

AS ESTRATEXIAS DAS TABAQUEIRAS.
As empresas tabaqueiras xa montaron a súas estratexias para recuperar novos fumadores para cambiar os que abandonen a súa adicción o tabaco, os expertos sinalan que as empresas tabaqueiras lograron o que se propoñían, xa que entre outras medidas, fixeron o lanzamento das marcas de baixo custe, ou sexa o manteñemento do mercado. Neste sentido, saben que xa non van a poder empregar como arma a publicidade, e iso non ten volta atrás, a única vía que lles queda é tratar de atraer novos consumidores.

INCONGRUENCIA DO ESTADO.
Mentres o Ministerio de Sanidade contempla a incursión das marcas de tabaco de baixo custe, como unha “iniciativa de libre mercado” e sabendo que a venda das “cajetillas” a 1 euro ou 1,30, é facilitar o consumo dos máis mozos.

Pola outra banda o Ministerio de Economía e Facenda a intervir sobre os prezos, o que contemplamos é unha paradoxa dos poderes públicos, en comparación con outros da UE. O porqué é fácil de explicar, o tabaquismo provoca uns gastos directos de 3.000 millóns de euros no Sistema Nacional de Saúde, pero os ingresos son de 7.400 millóns a facenda pública, non fai falla ser un lince, o Goberno evita manexalas cifras simultaneamente, pero si o fixeramos, a comparación de ambas cifras sería argumento de peso para engadir na sanidade pública os tratamentos de deshabituación .

Entendese menos aínda a permisividade cas marcas de baixo custe, xa que lesiona os intereses de Sanidade e facenda, que en poucos meses teñen conquistado unha cota de mercado do 28%, co dobre efecto de disparar o consumo e reducir a recadación fiscal polos seus baixos prezos.
RESUMINDO
Está claro que a persoa que fuma, faino porque ten unha dependencia, xa que con estes apuntes mínimos, chegan de sobra para que unha persoa sensata non o faga.

Pode ser hoxe para ti, si eres fumador a hora de deixalo e si non fumas de convencer a que o fai, si un non é un capaz de deixalo, que facer, moi fácil buscar axuda.

Xa o dicía Aristoleles, “Amase máis o que con máis esforzo se consigue”, o problema do tabaquismo e máis de educación e hábitos, que de leises, é cuestión de vontade e decisión, pero xa se sabe cando esto non funciona están as leises para cumprilas.

Grazas e ata a próxima.


.

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...