Xa pasou tempo desde que entrou en vigor o novo sistema de permiso de conducir por puntos. Esta medida está enmarcada na lei que aprobou o parlamento español , que é, a reforma da ley existente sobre seguridade vial.
Correron ríos de tinta sobre as diferentes posturas adoptadas por defensores e detractores do novo“carnet por puntos”. Sobre isto eu non podo máis que amosar algúns datos da posta en marcha deste novo sistema. Sen ir máis lonxe podemos ver como os galegos vamos un pouco máis alá co resto dos españoles en conductas antirregulamentarias cando conducimos:
A velocidade representa un 28% das sancións impostas no primeiro mes da súa implantación, seguidas polo consumo de alcohol 19% e pola falla do uso do cinturón de seguridade 19%. As provincias da Coruña e Pontevedra foron as que menos respectan as normas, por certo para aqueles machistas que sempre poñen a muller como a “maruxa da estrada” salientar que os homes galegos cometeron 4.090 infraccións e as mulleres 470, case nada , haber se aprendemos os homes.
A miña vontade á hora de escribir este artigo non pasa pola aportación de datos que sirvan para saber qué cousas se sancionan máis ou menos, en qué temas debemos ter precaución ou non. Sobre iso xa recibimos información nas nosas casas enviada pola Dirección Xeral de Tráfico, o desexo deste artigo é o de centrar a atención do conductor/a na educación e o sentido común.
Dicía o escritor español Miguel de Cervantes que “A prudencia e afastar de nós as cousas que nos fan dano e é natural cousa aborrecer ás que nos fan mal e aquelas que nos estorban o ben”, está claro que non fai falla ser un gran filósofo nin moito menos un erudito para facer da prudencia a nosa gran virtude, e no referente o tema que estamos a tratar moito máis, cunha actitude responsable e prudente ó conducir estamos a facer unha sociedade máis xusta, culta e solidaria.
Eu como podedes ollar, estou a favor desta medida e non só porque estudios independentes en paises europeos, avalan esta clase de iniciativa na disminución dos riscos, (que xa teñen estes sistemas funcionando), senón porque no día a día podo comprobar como a conducción está a ser máis responsable, e non cabe dúbida que é polo medo que teñen alguns conductores a ser sancionados…
O que me da pena disto é que este comportamento se debe ó medo que temos de que apareza un axente da autoridade e nós poida sancionar, non porque esteamos realmente concienciados do perigo que supón a conducción temeraria. Non pensamos que ca nosa actitude irresponsable ó volante, non adoptando os mecanismos de prevención (cinturón, sillas nenos, etc) podemos condicionar o noso futuro e o dos nosos acompañantes , ou aínda peor provocar un accidente e condicionar a vida doutros viaxeiros e conductor que si cumplían as normas.
Tamén neste apartado habería que facer unha reflexión profunda sobre o exemplo que como pais damos ós nosos fillos no referente á educación vial: andar sempre con presa por chegar ó destino, non poñer o cinturón nos traxectos cortos, mostrar rabia e perder o control nos atascos, etc, son algúns dos exemplos que nos deberían facer reflexionar.
Hoxe en día penso que a resolución deste conflicto pasa pola sanción, aínda que eu sexa unha persoa a que lle gusta máis previr que castigar, pero vendo os acontecementos e as cifras, fan que leis como estas teñen que ser aínda máis contundentes e represivas, porque estamos a falar da vida das persoas, quedar tirado no asfalto por unha imprudencia , o consumo de alcohol (fins de semana), a conducción a altas horas despois dunha xornada de ocio abusiba (ruidos, fume, cansancio,etc). Son un cóctel explosivo que para calquera persoa normal e con sentidiño sería imposible de compaxinar ca conducción.
Cando os maiores demos exemplo ós mozos, as cousas poderán mudar, cando nas familias e na escola se imparta educación vial as cousas poderáqn mudar, cando todos teñamos mais respeto e ducación por nós mesmos as cousas poderán mudar… pero mentras tanto é unha obriga da administración poñer todas aquelas medidas para garantir o benestar da sociedade e de aqueles cidadáns que cumpren as normas en detrimento dos que as incumplen.
Xa o decía o filósofo inglés Bacon sobre a conducta “A perfección da propia conducta dase en manter cada quen a sua dignidade sen perxudicar a liberdade allea”, se o aplicamos o tema que nos ocupa podemos dicir que aquel que incumpre as normas viais, está a incumplir a liberdade dos demáis conductores.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario