ORIXE.
A orixe do entroido pérdese na noite dos tempos. Garda conexión con celebracións pagás da antigüidade, relacionadas cos ciclos agrarios e co equinoccio de primavera, pero a estes elementos engadíronselles outros de orixe romana, cristiá e medieval. Hoxe por hoxe resulta evidente que ten unha clara relación co ciclo litúrxico cristián, pois cómpre despedirse da carne -e ceibar os propios instintos- antes da entrada nun período sen carne e onde se debe manifestar un grande recollemento -a Coresma-. Non obstante, o entroido é, antes que nada, a celebración que o mundo rural leva a cabo da entrada do novo ano -que tradicionalmente comezaba na primavera-.
O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cós comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos .
A festa recibe en galego os nomes de entroido, antroido, intruido, entruido, entrudo e entroiro. Todos estes vocábulos teñen a súa orixe no termo latino introitus, co significado de entrada ou comezo. Daquela, o étimo fai referencia a un significado da festa como entrada ou comezo nunha nova estación -a primavera-, independentemente de que por parte do cristianismo nos sexa a entrada na Coresma -sendo preciso, polo tanto, despedirse da carne-.
As orixes das palabras que denominan a esta festa son: o termo "Carne Vale" (é dicir "o adeus á carne"), do que despois derivou a palabra "Carnaval"; ó termo "Introitum" (que significa "a entrada á Coresma!) do que vén a palabra "Entroido" ou "Antroido".
O entroido fai referencia a unha época de "carne" , tomando o sentido literal da palabra. O Entroido quere significar, dende sempre, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, é dicir , as cousas que non se fan habitualmente.
En sentido relixioso trátase do triunfo de "don Carnal" sobre "dona Coresma", que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do Xoves Santo. Pero o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido relixioso como festa preparatoria da Coresma para converterse nun acontecemento cheo de xolda e desenfreo.
A COMIDA NO ENTROIDO
Dentro da filosofía do Entroido está a de comer e beber ata o límite. En Galicia a comida sempre foi un elemento fundamental, sendo as máis tradicionais as filloas, a cachucha, a bica, as orellas a androlla ou tamén os doces, os chourizos, o lacón ou o caldo que son consumidos en masa e son ideais para estas datas do inverno
OS PERIODOS DA ESMORGA
Domingo Fareleiro ou Borrallento: Coincide co domingo de septuaxésima, e nesta da é costume que os veciños se manchen uns ós outros con "borralla" ou "farelo", a fariña de peor calidade.
Xoves de Compadres: Neste día realízase unha tradicional pelexa entre sexos. As mozas fabrican un boneco ou varios bonecos que representan os homes e tentan queimalo, mentres os mozos loitan por llo roubar.
Domingo Corredoiro ou Oleiro: Nesta data realízanse celebracións moi diferentes segundo os lugares. Tradicionalmente era cando se facía a corrida do galo; en Laza lánzanse formigas enriba da xente e faise a farrapada, loita con farrapos enchoupados en lama ou esterco. Na Praza Maior de Xinzo celébrase o xogo das olas, en que os participantes se pasan olas de barro, e a aquel que a rompa debe pagar unha rolda.
Xoves de Comadres: Ó revés do de Compadres, son os homes os que fan un ou varios bonecos con feitura de muller e son estas quen loitan por llelo sacar.
Domingo de Entroido: Comeza a festa maior.
Martes de Entroido: En moitos lugares celébranse os "Testamentos" do Entroido e entérrase a representación da festa.
Mércores de Cinza: É a data na que todo remata, e a escolleita en moitas vilas e aldeas para enterra-la sardiña
Domingo de Piñata: E o primeiro domingo de Cuaresma e nél realizarase o coñecido xogo da piñata que chegou de Italia no S. XVIII a España.
Entroido a vivir e disfrutar, agardo que pasarades unhas boas festa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario