mércores, 14 de xuño de 2017

A VOLTAS CO CASO DAS DOAZONS DE AMANCIO ORTEGA E O TECIDO EMPRESARIAL.

Como eu dedícome a colaborar dunha forma altruísta con distintas ONG´s, non entendo esta polémica esteril no caso de Amancio Ortega, vaia por diante o meu agradecento polas axudas que está a dar en distintos campos desde fai moitos anos.

 O que fai este señor non é nin máis nin menos o mesmo que fan milleiros de empresarios, á parte dá súa labor empresarial, teñen a ben en adicar certos fondos que ben xestionados por administracións ou ONG´s fan que se poidan levar adiante proxectos que doutra forma non serían viables.

Cantas horas lle adicamos os voluntarios de entidades a solicitar dás empresas colaboracións sobre todo económicas para que as nosas entidades poidan seguir adiante, para cubrir as deficiencias que a propia admnistración non é capaz de levar adiante sen a nosa existencia.

Para min non é unha vergoña ter que recurir a estes cidadáns que por sua xestión e capacidade teñen uns negocios que con parte dos seus beneficios pódannos axudar, e dáme o mesmo que teñan exencións fiscais ou outras prevendas por facer estas doazóns, xa que si o fan é porque os que lexislan, que non son outros que os que nos poñemos co noso voto, así o estiman.

Porque nesta zona dá costa dá morte e en concreto carballo, cantas asociacións culturais, deportivas, sociais.... poderían levar adiante as súas actividades sen contar ca axuda dás empresas, empresas que con todo o seu dereito tamén aplican dunha forma legal e lóxica as reformas que as distintas administracións poñen a súa disposición para xestionar os seus negocios en vías de ter os mellores resultados económicos que se transcriben en beneficios persoais, en beneficios de manteñemento e creación de emprego.... e en definitiva en destinar recursos para as asociacións. ¿Tamén imos condenar os noso empresarios?.

Está claro que se algunha empresa está fora dá lei e licito criticar e como bo cidadán, cas probas na man denuncialo o xulgado. E o máis curioso e cando moitas persoas critican esto e despois velos vestir ca mesma roupa do que están a criticar ( acordanse vostedes do programa de Risto Mejide, entrevistando o Deputado Rufián, que condenaba as prácticas de Inditex  e que lle pediu que lle ensinara o interior da chaqueta que usaba o Sr. Rufian, sorpresa! a chaqueta é de zara.  Ou tamén o Deputado Ramón Espinar, pedindo publicamente o boicot a Coca Cola e despois a súa señoría foi captado por un reporteiro tomándose un par delas no comedor da Cámara Alta e  por poñer un exemplo de masas cando equipos de futbol están patrocinados por marcas que conviven con reximenes indecentes, podo continuar con máis  casos pero para qué,  o peor do asunto é que os políticos e controladores de masas non deixan de ser un reflexo da propia sociedade e coma nestes casos a propia sociedade cae nas suas propias contradiccións.

Nesta sociedade e neste mundo global, todos somos complices do que pasa, desde os políticos a quen escollemos e lexislan, cando collemos o móvil e facemos que falamos ou cambiamos a vistas cando alguén necesitado nos pide unha axuda, cando mercamos os nosos maravillosos smartphone e sacámolos para estar en primeira e non nos decatamos quen os fixos e en que condición laborais, cando tiramos a comida que deixamos moitas veces por "gula", esto non e para xustificar a actitude de ninguén, pero como decía o galileo " aquel que este sin pecado que tire a primeira pedra" ollo conta hasta dez non vaia ser que o final o apedreado sexas ti.

Está claro que neste pais "rachamos as vestimentas" por temas como o de Amancio Ortega e seguimos promovendo e sendo complices de condutas de corrupción, de falta de solidaridade, de mirar para o outro lado, en definitiva  bla,bla,bla,bla, respectando as opinións de cada quen como é lóxico, desde o meu punto de vista actuamos cunha lixeireza e hipocrisía abafadora.

Se tiveramos que vivir no tema sociosanitario exclusivamente dos fondos e presupostos do estado, autonómicos ou locais, cantas fundacións públicas,privadas, entidades do terceiro sector, teríamos que ter pechado as portas fai moitos anos, porque os recursos son os que son e as necesidades por desgraza cada día son máis. Está claro que o mellor e que non existiran entidades que tiveran que suplir estas carencias e que cos nosos impostos se cubriran todos os campos, pero de verdade hai alguén que pensa que esto é posible?.

Señores empresarios, grazas humildemente lles dou por ser ponte e sustento de tantas iniciativas sociais que de outro xeito non serían posibles, pero en especial nestes momentos duros para todos, nesta crisis que da con máis forza nos máis humildes e necesitados da nosa sociedade, sabemos tamén que moitos de vostedes o están a pasar mal e de feito vese na reducción de axudas das empresas, pero os que non poden nestes momentos e os que seguen colaborando, UNHA E MIL GRAZAS por facer posibel que poidamos seguir adiante nun caso ca vosa comprensión e noutros cas vosas colaboracións e aportacións.

Como dicía sempre meu abó Rafael, O que hai que ter é sentidiño, o demáis son lerias.

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...