mércores, 7 de xuño de 2017

REUNION DO CONSELLO PARROQUIAL DE BERDILLO





 
REPASO DAS TAREFAS REALIZADAS E PENDENTES DAS NECESIDADES, PREOCUPACIÓNS E SUXERENCIAS RECOLLIDAS POLO CONSELLO PARROQUIAL DE VERDILLO (3/3/2017)






·         Actividades deportivas



Campo de fútbol de As Pedreiras:



-          O estado do portal principal de acceso ó campo é lamentabel. O portal do Campo das Pedreiras foi substituído.

-          O muro ten unha fenda considerable, cun risco de caída importante. O muro foi aranxado.

-          A cuberta dos aseos públicos precisa dunha reforma.

-          A grada tamén precisa dunha reforma e ampliación, xa que alberga pouca capacidade para o público asistente.

-          O campo está rodeado de árbores, lateral do río, cun risco evidente de caída cara o campo, como xa ocorreu este outono pasado. As árbores arredor do campo foron taladas.

-          O terreo de xogo vólvese moi brando, sobre todo en época invernal, ocasionando problemas ós equipos que disputan os seus partidos.

-          A auga empregada segue sendo a do río e os vertidos van parar ó río debido á non existencia de sumidoiro público.

-          A maiores colocaronse uns banquillos novos.



·         Equipo de veteranos:



-          equipo de veteranos traslada tamén problemas de dispoñibilidade de campos para disputar os seus partidos, co conseguinte custo que lle provoca ao equipo.  O campo do sofán pasa a ser de titularidade do concello e darase nova distribución os equipos nas instalación do concello  adicadas a este fin.





·         Pistas Deportivas do Centro Social:



-          Lamentable estado e carencia evidente de mantemento: porterías e canastras sen anclaxe (co conseguinte perigo para os usuarios das mesmas), Destácase que xa foron instaladas as porterías e canastras (pero sen rede) e que é preciso

-          Cerramento inexistente da zona, liñas non pintadas, etc. (Véxase Anexo Foto 1-2-3-4)





·         Estado das estradas de titularidade municipal



-          Mellor sinalización dos diferentes lugares de Verdillo, así como da propia parroquia en si.

-          Sinálase o preocupante estado das diferentes “pistas” de Verdillo, así como a súa seguridade, especificando con especial urxencia as seguintes:

-          Carencia de sinalización e espello no cruce entre o Lugar de Casas Novas e Garrida (<http://bit.ly/2lUV7LW>. (Véxase Anexo Foto 5), especialmente perigoso debido ao continuo tráfico que se produce na zona (estrada cara Bértoa) e a falta de visibilidade dirección A Garrida.

-          Carencia de sinalización e espello no cruce entre o Lugar do Moucho e As Seixas (<http://bit.ly/2kIHryO>).

-          Nese mesmo punto, perigo de derrubamento dun hórreo (Véxase Anexo Foto 33)

-          Carencia de sinalización no Cruceiro de Verdillo (<http://bit.ly/2ltfuyO>), o cal provoca que os vehículos non circulen polo sentido correspondente. Polo tanto, é necesario delimitar o sentido de circulación. Decidese por parte do Xefe da policía, do responsable da empresa de señalización e do secretario, que non procede poner señalización vertical porque afea a contorna, agardarase a que se arregle o firme e procederase a regular a circulación con señalización horizontal pintada

Mellora do pavimento (Véxase Anexo Foto 6).

-          Estado da estrada entre o Lugar do Alto e Regueira de Arriba (<http://bit.ly/2kIYuRb>. (Véxase Anexo Foto 7).

-          Instalación dun sinal de STOP na altura do Lugar do Alto.

-          Estado da estrada entre o Lugar da Redonda e O Alto (<http://bit.ly/2m7z3tw>). Estado da estrada entre o Lugar das Pozas e Regueira de Abaixo (<http://bit.ly/2kTeJw0>).

-          Estado da estrada entre o Lugar do Esmorís e Regueira de Abaixo (<http://bit.ly/2l5pzBt>).

-          Estado de cruce na estrada provincial DP-1904 á altura do Lugar de Vilarnovo nº10 (<http://bit.ly/2lrwiDE>. Véxase Anexo Foto 33).

-          Estado de estrada no Lugar da Garrida (<http://bit.ly/2lXwqLY>).

-          Estado de estrada en Lugar do Piñeiro (<http://bit.ly/2lwXbc1>. Véxase Anexo Foto 8).

-          Estado de estrada no Lugar da Regueira de Arriba (<http://bit.ly/2lh4oLv>).

-          Estado de estrada no Lugar das Casas Novas (<http://bit.ly/2lUTFsY>).

-          Estado de estrada en Lugar de Vilarnovo nº 11-13-13A (<http://bit.ly/2m3jDdt >). (Véxase Anexo Foto 34-35-36).

-          Estado de estrada en Lugar de Vilarnovo nº 15 (<http://bit.ly/2lrhBk6>. Véxase Anexo Foto 37).

-          Existencia de baches perigosos en Lugar da Regueira de Arriba (<http://bit.ly/2lUX8YJ>).

-          Limpeza xeral das diferentes cunetas da parroquia (Véxase Anexo Foto 9-10-11-12).

-          Prolongación das beirarrúas no Lugar do Moucho (<http://bit.ly/2lXyDqK>. Véxase Anexo Foto 13).

-          Sinalización de curva perigosa no Lugar da Garrida., tamén se colocou un ceda o paso. (<http://bit.ly/2lV0cEi>).

-          Asemade, exprésase a preocupación por existencia de escombros en diferentes cunetas que dificultan a drenaxe de auga, a existencia de árbores plantadas cerca das estradas.

-          Deterioro que provocan as empresas madeireiras nas citadas estradas. Tamén se lle pide ao Concello de Carballo un maior control en canto á revisión e mantemento das pistas de titularidade municipal.



·         Estrada provincial DP-1904



-          Necesidade de introdución de pasos elevados á altura da Escola do Moucho, da Igrexa, no Lugar de Vilarnovo e no Lugar da Ganduma para reducir a velocidade dos vehículos, así como a mellora da sinalización dos pasos de peóns e nos arredores da Escola do Moucho.

-          Por outra banda, sinálase que no Lugar das Casas Novas as beirarrúas son demasiado altas e que existe un terraplén perigoso para os peóns xa que carece de barandas que garantan a seguridade (<http://bit.ly/2kNCeFS>. (Véxase Anexo Foto 14).

Nese mesmo punto, o sinal municipal que indica a dirección cara o Lugar da Regueira e o Campo de fútbol das Pedreiras está demasiado baixo, impedindo circular aos peóns pola beirarrúa (Véxase Anexo 2/2017 Foto 15).

Na contorna da Igrexa parroquial tamén existe perigo pola inexistencia de barandas (Véxase Anexo Foto 16).

-          Porén, tamén no Lugar das Casas Novas, existe perigo de inundación nunha curva, co conseguinte perigo para os viandantes e os vehículos (<http://bit.ly/2lXBUX4>. (Véxase Anexo Foto 34).

-          Ademais, proponse a prolongación das beirarrúas dende o Lugar do Añón de Verdillo até ao Lugar do Moucho (<http://bit.ly/2kThZaK>).







·         Suministros, desaugues e puntos de luz.



Detállanse as seguintes incidencias:



-          Falta de alcantarillado en diferentes zonas (Aseñado, Alto, Vilarnovo nº 17-19-21...), así como subministro de auga.

-          Na altura do Lugar das Seixas Nº5, as tuberías de desaugue son demasiado estreitas, co conseguinte perigo de inundación.

-          Necesaria instalación de cunetas e punto de luz entre o Lugar de Vilarnovo nº 15 e a estrada provincial DP-1904. (<http://bit.ly/2lr8W16>. (Véxase Anexo Foto 38).

-          Necesaria mellora da rede telefónia e de internet en toda a parroquia. Servizo moi deficitario.

-          Posta en marcha e funcionamento das depuradoras. No relativo ao funcionamento das depuradoras.

-          Problemas de drenaxe da auga no Lugar da Garrida (<http://bit.ly/2kTfOns>). O tubo colle augas pluviais e está atascado (co conseguinte perigo de inundación).

-          Problemas de inundacións á altura do Lugar do Añón Nº 100. As inundacións á altura do Añón de Verdillo Nº100, sinálase que está solucionado.

-          Mellora do alumeado no Lugar do Añón (<http://bit.ly/2lXLRne>. (Véxase Anexo Foto 17).



·         Outras propostas e/ou reclamacións



-          Acondicionameto do aparcadoiro do Cemiterio parroquial.  Fixose limpeza.

-          Estudo do sentido da circulación no Lugar do Añón. Debido a falta de acordo dos veciños das Pozas para o cambio de sentido da circulación, a proposta quedará en suspenso

-          Estudo do sentido da circulación na contorna do Cemiterio municipal. Debido ás queixas dos veciños das Pozas ante o concello para o cambio de sentido da circulación, o concello decidiu non actuar.

-          Mellora da contorna do Local Social do Aseñado e adecuación do parque infantil (Véxase Anexo Foto 18-19). O Local Social do Aseñado quedou acondicionado nos apartados que foron sinalados

-          Perigo de derrubamento dun muro de pedra situado xunto ás Pistas polideportivas co conseguinte perigo para os peóns e os vehículos. Necesaria sinalización de perigo. (<http://bit.ly/2luHdjc>. (Véxase Anexo Foto 20),

-          Remate das obras do Local Social do Añón (canalóns, tellado,...). Así mesmo, o Local da chave adxunto a este Local Social precisa limpeza . Limpeza fixose en toda a contorna  (Véxase Anexo Foto 21-22).

No Local Social do Añón existe desprendementos de terra que caen sobre a estrutura do local, co conseguinte perigo

-          Solicítase informar sobre a titularidade da Escola do Añón, así como a mellora do seu mantemento (Véxase Anexo Foto 23-24). Ademais, na súa contorna, precísase acondicionar os terreos valdíos. Escola do Añón foi acondicionada para ser utilizada polo equipo de veteranos da SD San Lorenzo e unha peña.

-          Vertedoiro ilegal na estrada entre o Lugar de Samiro e o Lugar da Fraga da parroquia de Vilaño (A Laracha) (<http://bit.ly/2lajUKD>. (Véxase Anexo Foto 25-26).



-          Reclamación ao Concello de Carballo polo incumprimento do acordo do punto 7 da Orde do día da Reunión de constitución do Consello parroquial, celebrada o 4 de novembro de 2016, no cal se especifica o seguinte: “Acórdase que o Concello envíe unha carta a cada casa informando da celebración desta primeira xuntanza na cal se dará conta da temporalidade das reunións entre a veciñanza (sendo a primeira no mes de febreiro, corresponderían as seguintes nos meses de xuño e outubro).” Unha importante proporción de fogares da parroquia non recibiron a devandita carta.






NOVAS NECESIDADES, PREOCUPACIÓNS E SUXERENCIAS RECOLLIDAS POLO CONSELLO PARROQUIAL DE VERDILLO (7/6/2017)







·         Fallo do Concello na convocatoria da veciñanza.



De acordo ao punto 4 da Orde do día da reunión 4/2017 do Consello Parroquial de Verdillo (celebrada o día 3 de marzo de 2017), a reunión coa veciñanza debería terse realizado o 26 de maio de 2017 ás 20:30 horas no Local Social (quedando o Concello responsábel de encargarlle á empresa correspondente o envío de cartas informativas ás distintas casas). Como o Concello de Carballo non realizou o envío das devanditas cartas, acórdase que esta reunión se celebrara o día 2 de xuño de 2017 ás 20:30 no Local Social de Verdillo.



·         Pistas polideportivas (<http://bit.ly/2r7AZ9n>)



-          Acondicionamento dos vestiarios que se sitúan debaixo das gradas das Pistas debido ao mal estado das duchas, o termo e os baños. Sinálase o perigo de inundación que sofre o mesmo e a necesidade de bancos. Este acondicionamento considérase prioritario debido á proximidade do Albaroque (primeira semana de xullo) e a súa utilidade para fins culturais e deportivos. Ademais, solicítase o acondicionamento para o mesmo fin do interior da outra grada, para contar con vestiarios para homes e mulleres.



-          Portalón na entrada das Pistas Polideportivas

-          Colocación dun portalón e as redes para evitar saida de balóns. (nesta actuación hai que ter en conta os sistemas a poñer, xa que nas festas acceden os camións para os palcos das orquestas).  (Véxase foto 9).



-          Acondicionamento do chan  da zona deportiva.

-          Pintado dos diferentes campos deportivos (baloncesto e futbol).



-          Sinalización

-          Instalación dun sinal de STOP en Queo da Carretera (Bértoa). (<http://bit.ly/2qZJPaT>).

-          Instalación dun sinal na Regueira de Arriba (<http://bit.ly/2r9FlPa>).

-          Sinalización de curva periogosa no Moucho (<http://bit.ly/2qZAj7r>).

-          Substitución de espello no Lugar de Casas Novas (<http://bit.ly/2quiwBV>). (Véxase foto 2).

-          Sinalización á entrada do Añón de Verdillo de estrada estreita xa que os camións sofren dificultades nesa zona.

-          Sinalización da dirección ao Campo de fútbol das Pedreiras debido á dificultade que sofren os equipos para chegar ao mesmo. Propóñense os seguintes puntos: Feira de Verdillo/Artes (<http://bit.ly/2rJQxmn>), Casas Novas (<http://bit.ly/2r7AHiN>) e Regueira de Arriba (<http://bit.ly/2rsjeo4>).

-          Instalación dun sinal de indicación “vilar novo” con flecha (<http://bit.ly/2lrwiDE>. (Véxase Foto 7).

-          Sinalización de curva perigosa en Queo da Carretera (Bértoa). (<http://bit.ly/2r7AITK>)

-          Sinalización reflectante e de preferencia de paso en ponte no Lugar de Queo da Carretera (Bértoa). (<http://bit.ly/2r9zfyq>).

-          Sinalización de intersección perigosa no Lugar de Casas Novas (<http://bit.ly/2qRsihs>). (Véxase Foto 9).



-          Falta de alcantarillado:

-          No Moucho (<http://bit.ly/2rslETO>) e en Casas Novas (<http://bit.ly/2qncszV>). ( Véxase Foto 3 - 4)

-          Estado das estradas de titularidade municipal:

En canto á situación das estradas, saliéntase que non se realizaron traballos nese aspecto. Considérase prioritario a mellora do estado da estrada do Cruceiro (<http://bit.ly/2s1StUE>) e na Regueira de Arriba (<http://bit.ly/2kIYuRb>).



-          Estrada provincial DP-1904:

Dende o Concello de Carballo trasladouse as dificultades que existen para realizar as propostas realizadas, aínda que dende o Consello insístese sobre a prioridade de instalación de pasos elevados e sinalización reflectante para a mellora da seguridade dos peóns.

               Asimesmo das barandas de seguridade das aceras  pendentes .

              Tamén aclarar de que administración (Provincial ou local) depende as aceras(<http://bit.ly/2kNCeFS>.    

               (Véxase Foto 5 - 11).



-          Rede telefónica:

 En canto á mellora da rede telefónica e de internet, solicitase que se detalle o proxecto que Telefónica SA lle presentou ao Concello o 3 de maio de 2017 (véxase <http://bit.ly/2rsnbsU>).



-          Puntos de luz: Falta de puntos de luz: Destácanse os seguintes puntos no Alto (<http://bit.ly/2rPZhYG>) e o Añón de Verdillo (<http://bit.ly/2rwiyeM>). (Véxase foto 1).



-          Ponte de Queo (Bertoa):

Ponte en Queo da Carretera (<http://bit.ly/2r9zfyq>): Sinálase, ademais do recollido na reunión 5/2017, a necesidade de limpeza na contorna da mesma. Sinalización de preferencia no paso e bandas de alta visibilidade nos muros da ponte, sobre todo nas entradas de ambos sentidos. A ponte necesitaría unha reforma integral con novo ancho de calzada e novos elementos de sinalización e seguridade.



-          Asfaltado:

Recóllense as queixas referintes á cesión de terreo debido á normativa que obriga a deixar espazo para a vía pública  cedido polos promotores de casas en documento notarial o concello. O terreo cedido pasa a ser público, polo que se entende pola veciñanza que debe ser acondicionado polo Concello. Ponse como exemplo o Lugar de Vilarnovo Nº15 – 13 – 13A.  (Véxase foto 6).



-          Ampliación vial  - Cemiterio as Pozas -

Regulación do sentido da circulación na zona do Cemiterio: En relación ás reticencias na zona do Cemiterio para a regulación do sentido de circulación, recóllese a proposta de cesión de parte do terreo das propietarias das fincas para a ampliación da estrada (<http://bit.ly/2rmsEAf>). Do cemiterio en dirección as pozas sobre o lateral esquerdo de propiedade de Dª Carmen Bello Lorenzo (teléfono: 981.75.47.11) e Dª María Josefa Landeira López (teléfono: 981.75.63.00). Poñendo en coñecemento do concello para que fale cas propietarias para chegar acordo para a ampliación do vial.



-          Local Social do Añon.

Asegurar talude traseiro do local social, proponse a retirada de maleza e terra, para o acceso dunha pala pequena e que execute a consolidación do terreo. (Vexase foto 8).




Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...