mércores, 1 de abril de 2020



Telexornal Serán

Telexornal Serán

01/04/2020 20:30 h
MIRAR: TITULARES E MINUTO 45:20


Índice de contidos

00:02 Titulares
06:46 120 mortos e 4.058 casos de coronavirus en Galicia
09:14 Chegan a Galicia os dous millóns de máscaras compradas pola Xunta
11:18 Empezan os traballos para habilitar os dous hospitais de campaña na Coruña e Santiago
13:46 O hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo instala novos módulos de descanso para o persoal sanitario de garda
14:25 Mañá comeza o traslado dalgúns dos usuarios dos centros de Vigo e Cangas afectados polo coronavirus
16:00 15 casos de coronavirus nun centro de atención a persoas con discapacidade de Sarria
16:37 Axentes e bombeiros forestais e máis os militares continúan desinfectando no rural e nas cidades
18:19 Máis de 100.000 casos de coronavirus e máis de 9.000 mortos en España
20:24 En funcionamento as UCI do hospital de campaña de Ifema
22:34 Polémica en Cataluña por limitar os esforzos terapéuticos nos pacientes de máis idade que estean graves
24:15 Refórzanse os controis fronteirizos entre España e Portugal en Pontevedra
24:33 Portugal prorroga o estado de emerxencia que remataba o vindeiro xoves
25:36 A OMS e a Cruz Vermella advirten de que en África a situación pode ser catastrófica dentro de dúas ou tres semanas
27:31 O Pentágono non autoriza a evacuación do portaavións Theodore Roosevelt, con máis de 100 tripulantes afectados por coronavirus
28:02 O venres comparen no Parlamento a conselleira de Política Social e o vicepresidente da Xunta
28:54 A Xunta critica que o Goberno destine os cartos da formación no emprego a pagar o paro a partir de abril
30:04 A Xunta anuncia un plan de dinamización económica para a construción
30:55 Galicia pídelle ao Goberno que aclare se o marisquo é unha actividade esencial
32:23 Os autónomos consideran insuficiente un aprazamento no pago das cotas
33:42 O BNG valora as medidas para axudar os autónomos pero pide un maior esforzo das administracións
34:18 O líder dos socialistas galegos apoiou as decisións tomadas polo Goberno central e pediulle á Xunta que redobre esforzos
35:01 O Concello de Lugo pon en marcha un plan de axudas a pemes, autónomos e familias
35:50 O Goberno di que non pode aprazar o pagamento de impostos como o IRPF porque necesitan ingresos
36:25 O PP apoiará o Goberno, pero pide ser consultado
37:01 O Rei repasa as últimas medidas coa ministra de Facenda
37:27 En Sabadell, a súa alcaldesa denuncia que a Generalitat bloqueou a instalación dun hospital militar de campaña
37:56 Bruxelas anuncia un fondo de axuda a parados de 100.000 millóns
39:05 O Goberno acorda cos bancos adiantar o pagamento do paro
39:31 O 016, o teléfono de atención ás vítimas de violencia machista, recibiu durante a primeira quincena de confinamento un 18% máis de denuncias
39:59 Deteñen un home que cuspía e ameazaba con contaxiar o COVID-19
40:35 Cinco bombeiros de Vigo poderían ser sancionados por un acto de apoio aos sanitarios
41:11 Morre un home en Triacastela ao envorcar o seu tractor
41:52 Un veciño de Vilagarcía perdeu todas as súas pertenzas tras arder por completo a súa vivenda
42:11 O grupo de hoteis Oca compra o balneario de Guitiriz
42:41 Inundacións no leste de España pola chuvia torrencial
43:12 O Tempo
44:40 Despiden con aplausos un paciente recuperado de coronavirus no hospital Quirón Domínguez de Pontevedra
44:57 Primeira alta dun paciente con coronavirus no hospital de Monforte
45:20 O primeiro positivo en Carballo de COVID-19 recibiu a alta hospitalaria e está pasando a corentena na casa
47:10 As empresas de limpeza non dan feito coa carga de traballo polo coronavirus
48:51 O confinamento fai que moitos cambien os hábitos nos fogares
50:50 Crecente é un dos concellos que multiplica a súa poboación no confinamento
53:05 Lanzan desde a UDC unha web para informar da evolución da pandemia
54:26 Ideas para paliar a falta de vitamina D
56:02 Producións Excéntricas celebra os seus 15 anos sobre as táboas colgando na Rede un historial das súas obras
56:38 Publícase un videoclip en que participan máis de 30 artistas españois interpretando o himno do confinamento
59:09 DígochoEu
01:00:28 Repasamos algunha das noticias máis destacadas da xornada

A imaxe da esperanza, os sanitarios despiden con aplausos os pacientes recuperados - Xosé Arán





Publicado o 01/04/2020 21:37

Esta é unha imaxe para a esperanza que nos chega dende Pontevedra, onde os sanitarios do hospital Quirón Domínguez despediron tamén con aplausos un paciente de Meis de 77 anos que se recuperou da COVID-19. E iso que o operaran do corazón hai ben pouco, en decembro do ano pasado.

Boa nova tamén a que nos chega dende o hospital de Monforte, que rexistra a primeira alta dunha paciente ingresada con coronavirus. Así de contento e safisfeito despedía o persoal do centro hospitalario a esta muller chantadina de 52 anos que, despois de pasar unha semana ingresada afectada pola COVID-19, recibía onte a alta. Foi unha emocionada despedida na que esta veciña de Chantada agradeceu os coidados recibidos polo persoal durante o seu ingreso.

O que fora diagnosticado como primeiro positivo en Carballo de COVID-19 recibiu a alta hospitalaria e está pasando a corentena na casa. Xosé Arán está pechado na súa habitación. Unha das súas dúas fillas e a súa muller deron positivo tamén en coronavirus.

Xosé foi o primeiro positivo de COVID-19 diagnosticado en Carballo hai case vinte días. Estivo ingresado no Hospital Universitario da Coruña. Xa recibiu a alta pero ten que estar illado na casa polo menos dúas semanas, ata que lle volvan facer a proba e dea negativo definitivamente.

No seu cuarto pasa as 24 horas do día. A mesa de noite de Xosé é unha pequena botica improvisada.

Todo, sen saír nin ao corredor da casa. Son catro de familia. Tres positivos en coronavirus.
O illamento está a ser estrito. Unha veciña está a axudalos coa compra. Durante o tempo que estivo no hospital, este veciño de Carballo destaca a profesionalidade e trato inmellorable que, di, ofrece todo o persoal sanitario.

O paciente cero da pandemia de coronavirus rexistrado na área sanitaria de Vigo, un transportista veciño de Moaña, recibiu este mércores o alta, segundo fontes sanitarias. O home, de 43 anos, ingresara no hospital o pasado 1 de marzo. Permaneceu na UCI ata o pasado 25 de marzo. Un mes despois, recibe a alta.  

xoves, 26 de marzo de 2020

Xosé María Arán recibe el alta en el Chuac


El vicepresidente de Vieiro ya está en su casa de Carballo



Foto: Ana García


CARBALLO / LA VOZ 



mércores, 25 de marzo de 2020

Xosé María Arán: "¡ Xa estamos de volta na casa ! ".



MOI BOAS A TOD@S

¡ Xa estamos de volta na casa ! .

Ainda que temos que seguir ca medicación e aislado nunha habitación sin contacto catorce días, xa queda atras a etapa de ingreso no hospital.

Meu primeiro agradecemento o persoal do CHUAC da Coruña que fixeron que a miña estadía no hospital se fixera máis levadeira, un recoñecemento a todos os profesionais da sanidade que están a traballar duro nestes momentos e as veces en condicións complicada. Vaia pois a miña gratitude e admiración.

Tamen a tod@s aqueles que tanto aquí no facebook como por outros medios me estades a transmitir parabens e desexos de mellora.

Aínda que a situación é complicada e se nos está a quedar xente no camiño, agardemos que vaia revertindo esta pandemia.

Seguide cumprindo as medidas preventivas e de contención que é o mellor que podemos facer tod@s nestes momentos.

Grazas e saudos.




Fonte: Facebook

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...