sábado, 24 de febreiro de 2018

EL CASINO DE CARBALLO GARANTIZA SU CONTINUIDAD CON UN NUEVO PRESIDENTE


«A sociedade máis antiga de Bergantiños non pode desaparecer», dijo Ricardo Vilas.

BASILIO BELLO

s. g. rial

carballo / la voz 24/02/2018


A mano alzada y por unanimidad, al filo de las 22.00 horas de ayer quedó elegido el nuevo presidente del Casino de Carballo, Víctor Lorenzo. La junta gestora que ha regido la entidad hasta ahora, encabezada por Ricardo Vilas, cesó, y su sucesor nombrará directiva en las próximas semanas, aunque ya tiene un equipo de gente apalabrado, todos ellos jóvenes y con inquietudes culturales. De este modo, y al margen de todos los aspectos legales que atañen al emblemático edificio (le queda un lustro para el centenario), la continuidad de la entidad está asegurada.

Antes de votar, y de que el nuevo responsable explicase qué va a hacer, Vilas -que seguirá un tiempo como asesor, para garantizar la transición- explicó todo lo que se ha hecho en el último año, que no es poco. Solo la relación de actividades ocupó muchos minutos. Hay 186 socios, que pagan 6 euros al mes. Hubo 40 altas y 66 bajas. Algunas de ellas, de veteranos, y que sorprendieron mucho Vilas. Lorenzo quiere incrementar de manera notable las altas. Dio una pormenorizada relación de ingresos y gastos, y queda menos de un mes para llegar a los números rojos, sobre todo por la falta de pago del arrendatario del bar. Algunos empresario donaron 3.500 euros para ayudar a su pervivencia. «A sociedade máis antiga de Bergantiños non pode desaparecer, e de aquí non nos van botar», dijo Vilas, que también aludió al «caciquismo e presións de catro especuladores». «Cando entras e o ves, daste conta da xoia que é. Está aí, pero pouca xente se fixa».

                                        Ricardo Vilas junto a Víctor Lorenzo (derecha), nuevo presidente del Casino.


Víctor Lorenzo Fernández, de Carballo, cumpre hoxe 44 anos. Estréase no cambio de idade e no cargo de presidente do Casino de Carballo, á fronte dun novo equipo, en sustitución de Ricardo Vilas, que levaba un ano no posto, aínda que era para seis meses.

-¿Por que deu este paso? 
-Somos un grupo de xente de Carballo preocupada pola arte e a cultura, con ganas de desenvolver un proxecto acaído. Levabamos tempo falando entre nós coa idea de facer algo, nun centro específico, para ter algo máis que a cultura oficial.

-E decidiu presentarse.
-Non tiña pensado optar ao Casino. Pero falamos entre nós, e tamén con Ricardo Vilas, a ver que se podía facer, e adiante, sobre todo ao ler a nova de que podía desaparecer e que facía falta renovar. Eu, a primeira vez que o vin foi en Fin de Ano, e despois a semana pasada. E cando entras e o ves, daste conta da xoia que é. Está aí, pero pouca xente se fixa. E queremos abrilo máis aínda á sociedade de Carballo e de Bergantiños. Facelo participativo. As actividades que xa hai manteranse, e tamén queremos facer outras: música, literatura, exposicións, talleres...

+ info: La Voz de Galicia

domingo, 14 de xaneiro de 2018

Vieiro presentó el programa de prevención en los institutos de Carballo

Comenzará mañana lunes en varios centros


carballo / la voz
La asociación Vieiro presentó el programa de prevención escolar en los institutos de Carballo. Lo hizo a través del vicepresidente, Xosé María Arán; María del Pilar Mata, responsable de prevención, y la educadora social Míriam Romero.

Bajo la denominación de Constrúe o teu mundo, de habilidades sociales, comenzará mañana lunes 15 en los centros Parga Pondal, Monte Neme, Alfredo Brañas y Artai.

El programa está destinado a alumnos de 12 a 16 años (de primero a cuarto de ESO), financiado por el Concello de Carballo y la Consellería de Sanidade.

+ INFO: La Voz de Galicia

martes, 14 de novembro de 2017

«O primeiro que falla é a poboación, hai que dar a cara»




El director de la Asoaciación Antidroga Vieiro de Carballo, Xosé María Arán, se muestra muy crítico con la respuesta social a la problemática de las drogas, como atestigua el CIS, donde hay que buscar muy en el fondo para encontrarla entre las preocupaciones ciudadanas, y el hecho de que, si no le fallan los datos, la siguiente asociación de este tipo desde Carballo esté en Ribeira.

«O primeiro que falla é a poboación e as propias familias, hai que dar a cara e tirar para adiante, porque se trata dunha responsabilidade de todos e xa sabemos como funciona a política: a Administración normalmente non se move se non hai ninguén detrás dándolle nas orellas», señala Arán, que recuerda como comenzaron en Carballo y como han cambiado las pautas de consumo, lo que no significa, ni mucho menos, que los problemas sean ahora menos graves, como se percibe, por ejemplo, con los altos índice de consumo de alcohol entre los adolescentes.
«Ao pouco de comezar con Vierio fomos por distintas localidades informando e animando á xente a organizarse. Aquí en Carballo no ano 91 tiñamos un problema que lle chamabamos o da reixa porque había moitísimos roubos e todos os negocios puñan reixas. Hoxe as cousas cambiaron, hai outros medios, centros especializados, a UAD... pero sigue existindo un traballo, que non é por dicilo, pero se non o facemos nós non o fai ninguén. En Camariñas tiñan Abondou, na que Juan [Gómez Serrano] que xa faleceu, fixo un gran traballo e se se deixou morrer iso e porque a sociedade non lle deu importancia. Por iso, con todo o respecto, penso que se hai un problema a xente terá que unirse», añade.           
                                    
Arán pone el acento en las familias «que están adormecidas e teñen un concepto equivocado de que aos fillos os educa o colexio e a Administración. O colexio está para ensinar conceptos e a Administración para prover servizos, pero a responsabilidade educativa é das familias».
A su juicio las noticias aparecidas en la prensa sobre planeadoras y descargas dejan claro que el problema persiste y no en Camariñas sino en toda la Costa da Morte, con lo que llama a la sociedad a tomarse el asunto en serio y actuar coordinada.






Avenda de drogas en Camariñas deixa á vista prácticas mafiosas

Varios sucesos aparentemente illados fan entrever unha orixe

La Voz de Galicia       


cee / a voz

Os problemas que sofre Camariñas, como a gran maioría de localidades da Costa da Morte, a conta do tráfico de drogas en menor ou maior escala, saíron á luz de xeito estruendosa por mor das pintadas aparecidas no pobo a mediados do pasado mes de setembro sinalando a supostos traficantes. Esa reacción, con moitos pais indignados, e algunha persoa ou persoas que deciden usar esta vía das pintadas para visibilizar o problema reactivouse esta semana pasada coa aparición de novos eslóganes no corazón da localidade, que xa foron parcialmente borrados.

En calquera caso e á marxe deste particular, están a sucederse outra serie de acontecementos, aparentemente illados, pero que denotan unha grave problemática de fondo. Hoxe sen ir máis lonxe se vai a seguir nos xulgados de Corcubión unha causa iniciada por unha denuncia de supostas extorsións e agresión, que fontes da localidade enmarcan neste contexto. A presunta vítima debíalle unha cantidade de diñeiro, algúns centos de euros, a outro veciño do pobo con antecedentes. Ante a falta de pagamento, a débeda foise multiplicando ata que, supostamente, o acredor acabou agredindo ao prexudicado, a modo de advertencia de peores consecuencias ás que podería enfrontarse.


Aínda está tamén por resolver que sucedeu exactamente co alixo de droga presuntamente descargado en Arou en xuño do ano pasado e que saíu á luz ao envorcar en Niñóns (Ponteceso) unha planadora de 18 metros de eslora. Nunca se probou con certeza onde habían ir a parar os estupefacientes e si poderían circular ou non polas rúas da Costa da Morte.
De igual modo, tampouco se esclareceu nin a orixe nin o móbil do disparo cun arma de fogo curta, probablemente unha pistola 9 milímetros, que supuxo o impacto dun proxectil contra a ponte do pesqueiro de Muros Mar de Viana, amarrado no porto camariñán o pasado mes de abril. A Garda Civil descartou nun primeiro momento que se tratase dun axuste de contas, pero diferentes voces locais resístense a crer que non exista relación algunha con actividades delituosas, máis que nada pola simple presenza dunha arma que moi poucas persoas en España teñen autorización para portar, á marxe dos funcionarios dos corpos e forzas de Seguridade do Estado.

Tamén hai outros episodios de violencia, ocorridos en ambientes festivos dentro e fóra de Camariñas, e determinados trens de vida de persoas sen oficio coñecido que, sen poder relacionalos abertamente coa droga, enmárcanse nese contexto.

O Concello busca alternativas ante as dificultades para reactivar o colectivo Abondou


A tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais de Camariñas, Sandra Insua, asumiu a nivel municipal a responsabilidade de darlle unha resposta pública e educativa ao problema. A súa intención inicial era reactivar a asociación Abondou, que funcionou durante anos e con notables resultados, pero case o dá xa por perdido ante a dificultade para atopar, sobre todo, a alguén que dea un paso á fronte e asuma a presidencia. «Tenteino de todos os xeitos, pero é moi complicado. A xente segue asustándose penso porque aínda relaciona Abondou cos tempos nos que se repartían os cheques para a metadona, cando non é así», detalla a edila, que agora traballa en canalizar os esforzos por outras vías. «Estamos analizando as medidas que podemos tomar e pedindo presupostos a empresas para realizar talleres no colexios, sempre de acordo coa orientadora do instituto e coa nosa psicóloga. Eses cartos que destinabamos a Abandou queremos canalizalos agora -temos que reservar tamén unha partida nos orzamentos- en medios de prevención», engade.




venres, 29 de setembro de 2017

Calvo traslada su factoría de Muros para concentrar y reforzar su sede de Carballo

La empresa garantiza el centenar de empleos de Esteiro, pero se tendrán que reubicar

.

Ribeira / La Voz
En un comunicado, Calvo explicaba que la integración de todas sus operaciones de producción en la planta de Carballo conlleva el cese de la actividad en la factoría de Esteiro, en la que actualmente solo se realizan actividades de limpieza de pescado «y cuya capacidad y competitividad se había visto mermada en los últimos años». Esto afecta a una plantilla compuesta por alrededor de un centenar de trabajadores, a los que la firma garantiza el mantenimiento de la totalidad del empleo y les ofrece la posibilidad continuar su labor en las instalaciones de la capital de Bergantiños, a unos 70 kilómetros de distancia. El grupo también ofrece ayudas para los desplazamientos (es casi una hora en vehículo).

Problema grave

Sin embargo, las facilidades que la compañía pueda dar a los trabajadores para desplazarse a Carballo no parecen suficientes para garantizar que todos ellos puedan continuar vinculados a Calvo. Eso apuntaban tanto desde el comité de empresa como la propia alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso, que calificó de «moi mala nova» el cierre de la planta de Esteiro y añadió que supone «un problema moi serio para moitas familias que dependen do traballo en Calvo, non só de Esteiro, senón de todo o municipio e doutros concellos limítrofes. Isto vai ter un importante impacto económico e social en toda a contorna».

Por su parte, fuentes de Calvo explicaron que la planta de Carballo se convertirá en «un referente de eficiencia, innovación tecnológica, competitividad y sostenibilidad en el sector» y se acometerán inversiones.

fuente: La Voz de Galicia

Unha cuestión de vontade e educación

La Voz de Galicia



Xa se sabe a famosa frase que os galegos amosamos para dar opinión moitas veces sobre diferentes temas, o importante é ter sentidiño. Pois iso é o que se ten que aplicar na problemática abusiva de alcohol por menores, da mocidade e do resto dos cidadáns.

Porque a lei está aí para cumprila, e sinala que se ten que «definir as características que haberán de ter as estratexias de prevención de consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, de educación sanitaria e de concienciación, social e das familias, do grave problema xerado polo consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade. Limitar o acceso dos menores de idade ás bebidas alcohólicas. Exercer o control administrativo desta restrición ao consumo por menores de idade, que aborde tanto a venda e o fornezo como o propio consumo por menores en vías públicas ou establecementos. Establecer limitacións a determinadas prácticas de publicidade, promoción e patrocinio do consumo abusivo. O réxime sancionador. O sistema de información sobre resultados da aplicación da norma. Limitacións horarias á venda nocturna e medidas de control da administración en espazos de dominio público». ¿De verdade estase a cumprir?.

   O problema é a implantación das leis, o papel pode con todo, pero para levar a bo porto estas disposicións o que fai falta é a vontade de todos. As Administracións, facer cumprir as leis, dotar aos recursos preventivos dos servizos especializados públicos, e do tecido asociativo, capacidade económica para poder desenvolver os seus proxectos preventivos. E tamén facer cumprir a lei no control e sanción, non se poden dar por boas as escenas de consumos masivos en espazos públicos por parte de menores, e moito menos en permitir o consumo e venda en hostalería, supermercados…

   Pero non só é a lei e a prohibición o que ten que predominar. Os actores principais para cambiar estas tendencias somos os cidadáns, nos que están tamén incluídos os nosos gobernantes. Mentres non se entenda que é mellor previr que curar, non vai ter nada sentido. Para isto o máis lóxico é a educación, se temos bos profesionais é porque recibiron unha boa formación. Pois se creamos cidadáns, desde cativos, cunha educación integral e preventiva en temas como este, teremos cidadáns con habilidades para encarar as súas vidas dunha forma máis saudable.

  Pero non hai receitas máxicas e o que se ten que poñer en valor son as prioridades. ¿Estamos dando os adultos bos exemplos cos nosos comportamentos e actitudes no referente o alcohol? ¿A mocidade ten recursos de lecer nocturno para dedicarse a unha diversión fóra de consumos abusivos para divertirse? Os responsables legais dos cativos dedicámonos a aprender estratexias para axudalos? ¿Pasamos tempo con eles educándoos dunha forma sa?.

O máis triste é que moitas veces temos recursos que por comodidade e apatía non utilizamos os adultos para corrixir tendencias, como exemplo as escolas de pais e nais que Vieiro oferta e nas que participa unha baixa parte de nais. «Os pais, nin están, nin se lles espera». Debe ser que a responsabilidade educativa recae só nas nais. Pode ser que esteamos moldeando unha sociedade onde os valores máis elementais non están de moda, e os dereitos e obrigas de capa caída. En definitiva ante a deixadez de obrigas dos adultos na educación dos fillos, deixámoslle esa tarefa á escola, as Administracións, aos amigos dos fillos, aos medios audiovisuais, aos modismos… Ou sinxelamente a Internet a través dos seus asistentes persoais, aos móbiles e outros soportes. 

fuente: La Voz de Galicia

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...