sábado, 5 de febreiro de 2011

25 ANOS ESO NON É NADA

Fai unha tempada, abrín a miña páxina de facebook e chamoume a atención dunha solicitude de amizade, non mo podo crer , era nin máis nin menos que o sr. Luís Novo Arcay (Artes gráficas), que estaba en terras do Perú, cuan conquistador galego no pleno epicentro da localidade de Chimbote, calquera día fano Vicerrei nesas terras. Como sempre é foi unha alegría ver a xente coñecida.


Dicía o poeta español Ramón de Campoamor “Bela será unha esperanza, pero é moi doce un recordo!”.

Logo disto chegoume a chamada de Luís para que me puxese en contacto co meu compañeiro Franco, que se estaba encargando de atopar os eléctricos, para celebrar cos mecánicos, madeira e os de artes gráficas un encontro na festa da Unión, da Asociación de Antigos Alumnos do colexio Calvo Sotelo e así foi.

O pasado día 30 de maio foi un día doce para o recordo, celebrábase como todos os anos a Festa da Unión, pero este ano para a min tiña un sentido especial, facía xa 25 anos da promoción do ano 1985 e alí estivemos algúns deses rapaces que comezaron, ou polo menos intentárono, naquel curso escolar 1980-1981, a odisea da súa formación en formación profesional: mecánicos, madeira, eléctricos e artes gráficas.

Como sempre un tende a intentar conservarse o mellor que pode, pero o paso dos anos fai máis cambios nuns que noutros, como non podía ser doutra forma á min en concreto a algún dos meus compañeiros custoume recoñecelo, a outros é coma se fose un día máis de colexio de fai vinte e cinco anos, xa que o velos, con algunha “arruguilla” que outra, estaban como entón, feitos uns rapaces.


Foi un día especial poder atoparme cos meus compañeiros de electricidade: José Antonio Alvarez González , Manuel Calvo Martínez, Antonio Mayo Lage, José Pazos Pazos, Javier Seisdedos López, Manuel Vilariño López, Victorino Dean Oliveira, Ramón Francos Piñeiro e todos capitaneados por Javier Arroyo Barreñada (o noso Titor). Todos compartimos mantel e mesa.
Tamén estaban ben capitaneados os da mesa de á beira, se, os de Artes gráficas co seu “profe” Manuel Domínguez Oubiña, que sabe que estamos todos nestes momentos o seu lado máis que nunca, tamén algún agregado de madeira, estaban: Luís Novo Arcay, Manuel Pouso Castro, Genaro Lourido Alonso, José Barreiro Castro, Abel Reyes Vázquez, Federico Blanco Gorin, Juan Carlos Gómez Pérez, Manuel Miras Grobas, José Mª Blanco Recarey, Leonardo Pérez Armada, Alfonso Cobas Otero e Juan Sierra Cribeiro.


¡Como non!, non me quero esquecer dos mecánicos, Manuel Vidal Herbón, Francisco Varela Barizo, José Iglesias Varela, Carlos Suarez Uzal, Eloy Sanchez Montaña, Emilio Vázquez Torres, Alejandro Blanco Regueiro e Alfredo Villasenin…
Espero non esquecer a ninguén, se é así perdón. En fin todos e cada un de nós fómonos contando en torno o bo comer e beber, as “batallitas” da nosa estancia no cole e un repaso ás nosas vidas, nunha xornada en que a participación na festa da Unión quedábanos un pouco lonxe, xa que egoístamente, estábamos a celebrar un encontro máis particular entre nós
Logo desta xornada e de charlas entre uns e outros, como sempre queda a volta a casa, polo vieiro víñanme á mente o resto dos compañeiros do meu curso, os que non conseguía recordar a todos, o chegar a casa fun a buscar a pequena foto da orla do curso 80-81 de electricidade e na penumbra coa luz do escritorio, repasei as caras daqueles adolescentes que hoxe moitos deles somos pais de familia e todos cidadáns xa curtidos por unha ou mil situacións persoais.

Tamén permítaseme recordar en voz alta a todos aqueles do meu curso que non estiveron e gostaríame moito volver a velos. Os sempre amigos e compañeiros: Bello, Cagide, Castro, Castelo, Díaz, González, Oscar, Gunturiz, Manteiga, Bujan(+), Muñiz, Murga, Novo, Pallas, Rey, Ferreiro, Temprano, Bazarra, Vázquez e Miguel. Vaia pois para todos o meu agradecemento persoal, porque na miña estancia no Calvo Sotelo, só teño palabras de agradecemento cara a todos vos, xa que o compañeirismo sempre imperou por encima de todo a vosa amizade.


De todos os xeitos abriuse na rede social Facebook, unha páxina, entra e busca por “colegio calvo sotelo coruña”, e atoparas alí a algún de nós.


Oxalá que algún día podámonos xuntar a todos de novo, para volver a lembrar aqueles anos, por unha banda inxenuos por moitos de nós, pero que foron os que labraron parte da personalidade do que somos hoxe.
Dicía Lord Bayron que “A proba dun afecto puro é unha bágoa”, pois vaia desde a miña parte unha, para que sirva para regar a árbore do afecto que vos teño a todos.

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...