sábado, 5 de febreiro de 2011

A FAMILIA A RAZÓN DE SER DUNHA SOCIEDADE.

Falar hoxe en día sobre a familia , parece como si estiveramos a falar duna institución que está en decadencia, fálese desde o punto de vista relixioso ou simplemente como estructura organizativa na sociedade.
Para min, creo que é hoxe o momento de impulsar o papel da familia, para que teña o verdadeiro protagonismo que lle corresponde nesta sociedade tan cambiante e sobre todo tan falta de valores, espirituais, educacionais, solidarios...
A familia pode xogar un papel fundamental de apoio a hora de combater a gran cantidade de contratempos que lle aparecen os individuos a diario, é pedra angular na que se teñen que asentar os principios das persoas , é o primeiro ambiente educativo que temos todos nós.

Temos que ter en conta que todo xira entorno a familia, o individuo desde o seu nacemento tende a agruparse e o primeiro grupo natural é a familia, esta mantense o longo de toda a nosa vida, nela aprendemos as persoas os valores elementais e tamén nela moldéanse os que vamos adquirindo da propia sociedade, segundo o patrón que nos establecen os nosos pais e titores.

Non dubido que é o lugar insubstituíbel é punto de referencia para todo, por iso a familia non se pode entender como unidade única e illada, senón que o o núcleo no que nos desenvolvemos persoalmente para entender e actuar na sociedade, como pode ser no aspecto relixioso, sexual, laboral, educacional...

Evidentemente cada aspecto relacionado ca familia daría para facer unha reflexión sobre ela, son moitas as descricións que existen sobre ela, eu quedome ca que di “ A familia sempre foi, é e será referente na vida das persoas, cando é forte e está ben construída , a súa estructura serve como refuxio onde un sempre pode atopar a forza, o apoio e amor”.

Está claro que a familia representa algo de gran significado, pero eso non quere dicir que as tradicións e costumes das familias non muden cos tempos, xa que temos que estar abertos continuamente a estes cambios, informándonos para estar a altura que agardan e necesitan os nosos fillos. Sempre me chamou a atención que para desempeñar moitas tarefas de gran responsabilidade na nosa sociedade, as persoas teñen que adquirir coñecementos e titulacións, pero unha das máís grandes e ser pais e para isto nin se vai a escola

nin se obtén ningún título, esto non deixa de ser curioso.

Como afirma o concilio vaticano II, a familia é a escola do máis rico humanismo; resúmese isto en que é a familia o lugar onde o home e a muller se fan humanos, sabemos de sempre que na nosa sociedade temos outras institucións que están chamadas a ser axuda de modo especial da familia, como pode ser a escola, o estado, etc. Pero non podemos facer que sexan estas institucións as que teñen que facer o traballo da familia, senón que teñen que ser só complementarias e axudala.

Baixando o mundano está claro que os protagonistas de todo esto son os pais, estes son os responsables da educación e o coidado dos fillos, por iso as accións complementarias as que nos referiamos antes das institucións, teñen que ser capaces de axudarlles, axudarnos, a desenvolver unha tarefa que remata no beneficio de toda a sociedade e que xamais ten que ser substituída.

Salientar as palabras do cardeal Patriarca de Lisboa, D. José Policarpo de que temos que estar convencidos de que só a familia como comunidade de amor e vida, humaniza a sociedade, dela sae o feito sagrado da vida e a dignidade do home e da muller, iguais e diferentes. A fidelidade xenerosa no seo da comunidade familiar, é fonte de xenerosidade e honestidade, no seo da sociedade.

Cada persoa debe moito a forza da familia, a maneira de cómo se comporta na sociedade. A familia é o punto de partida para a cidade é a casa onde se volve, buscando a forza da comunidade. Está claro familias felices son semente duna sociedade diferente.

Para rematar e deixar esta colaboración como unha porta aberta para novas colaboracións máis detalladas sobre o tema, volvo o Concilio Vaticano II,
 para lembrar a todos que os pais teñen o dereito orixinario, primario e inalienable de educar os fillos, tamén o dereito de educar os fillos conforme as súas conviccións morais e relixiosas, tendo sempre presente as tradicións culturais da familia que axuden o ben e a dignidade do fillo. Que así sexa.


.

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...